Cursos-Centro-Alba.jpg
Clases de ioga, zumba e pilates no Centro Cultural Alba de Torneiros
O Centro Cultural Alba de Torneiros ofertará a partir de setembro varias actividades enfocadas no benestar físico e mental. En concreto desenvolveranse clases de ioga, zumba e pilates.
porrino-acometera-melloras-viais-poligonos-industriais-PPI-.jpg
O Porriño acometerá melloras en varios viais dos polígonos industriais
O Concello do Porriño acometerá nos próximos meses a mellora de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto vén de licitarse cun orzamento base de máis de 114.000 euros, que se financiará ao abeiro dunha achega da Xunta de Galicia e aportación municipal.  Simultaneamente levarase a cabo a adaptación do sistema contraincendios do PPI-6, que requerirá unha inversión de preto de preto de 37.000 euros.
rede-saneamento-32-vivendas-Chenlo-01.jpg
Nas próximas semanas comezan os traballos de extensión da rede de saneamento para conectar 32 vivendas en Chenlo
O Consorcio de Augas do Louro vén de adxudicar as obras de extensión da rede de saneamento na parroquia de Chenlo, que beneficiará a preto de 100 veciños e veciñas da parroquia.
Peto-de-Animas.jpg
Un novo Peto de Ánimas preside San Campio sorprendendo aos peregrinos
Un novo Peto de ánimas sorprende aos peregrinos aos pés da capela de San Campio, en Pontellas. Isto é posible grazas a Aurea Rivas, unha veciña de Mondariz moi vinculada á parroquia pola súa familia, que decidiu poñerlle a imaxe das almiñas ao peto que preside o recinto e cuxa única inquilina desde hai anos era unha esmagada lata de Coca Cola.
Galina-Azul.jpg
Melloras nas dúas escolas infantís "Galiña Azul" do Porriño
O Concello do Porriño levará a cabo durante este verán varias actuacións de mellora nas dúas escolas infantís “A Galiña Azul do Municipio”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, explicaron que en total investiranse 30.000 euros en actuacións que mellorarán a funcionalidade de ambos centros.
Reunion-senda-peonil-Budino-porrino-deputacion.jpg
Unha senda peonil na EP-2405 mellorará a seguridade en Budiño
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, reuniuse hoxe coa deputada de Infraestruturas e Mobilidade, Isabel Couselo, para abordar os avances no proxecto de construción dunha nova senda peonil no Casal e en Cerquido, en Budiño, unha demanda histórica da veciñanza da parroquia. O proxecto atópase moi avanzado pendente só de concretar a ficha de cesións para proceder á súa tramitación.
451613993_893307519495482_4597579211872089025_n.jpg
Melloras no Centro de Día de Torneiros
O Porriño segue a invertir na calidade dos servizos que presta aos seus maiores. Nesta liña, a entidade local acometerá unha serie de melloras no Centro de Día de Torneiros que redundarán nunha mellor atención aos/as usuarios/as deste centro socio-terapéutico.
451180568_892492569576977_69758645374804979_n.jpg
A piques de comezar as obras de saneamento que beneficiarán a máis de 60 veciños no Outeiro
O Porriño avanza na extensión da súa rede de saneamento coa vista posta na execución integral. O Consorcio de Augas do Louro vén de adxudicar as obras de extensión da rede no Outeiro, na parroquia de Pontellas, que dará servizo a máis de 20 vivendas.
OBRAS.jpg
Desvío de tráfico por obras na rúa Domingo Bueno á altura do Parque Infantil
A concellería de Vías, Obras e Servizos do Porriño xunto coa Policía Local informan que a partires do luns 15 de xullo haberá un carril sen servizo na rúa Domingo Bueno á altura do parque infantil, por mor das obras de humanización da zona.
porrino-pon-marcha-nova-senda-ciclista-peonil-louro.jpg
O Porriño pon en marcha a nova senda ciclista e peonil do Louro
A transformación da contorna do Louro a materializarse. Ciclistas e peóns disfrutan xa do renovado paseo, un tramo de quilómetro e medio (1.460 metros exactamente) que cada día transitan centos de veciños, pequenos e maiores.
primeira-fase-licitacion-humanizacion-pio-xii-porrino-02.jpg
O Porriño licita a primeira fase de humanización da contorna do Centro Social e Pío XII
O Concello do Porriño dá un paso máis na humanización da contorna do centro social que acondicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.