Serán os días 4, 11 e 19 e combinarán unha visita á planta de Sogama con percorrido polas cidades da Coruña e Santiago de Compostela e ao Pazo de Oca, na Estrada
O Concello do Porriño convida a todas as entidades sociais do municipio, incluíndo asociacións veciñas, culturais, deportivas, educativas e tamén ás comisión de festas, a participar nunha charla informativa este mércores, 29 de outubro, no salón de pleno do Concello.
Durante os meses de outubro e novembro haberá accións sobre orgánica, aceite de cociña, téxtil e compostaxe, con seis persoas promotoras facendo visitas porta a porta entregando materiais e informando á veciñanza
O novo espazo, situado na Avenida de Galicia, representa un espazo de convivencia entre persoas e animais, conta con máis de 1.600 metros cadrados con zonas verdes, área específica para mascotas, mobiliario urbano e fonte adaptada
O alcalde, Alejandro Lorenzo e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá, no polígono de Cataboi, Revertia, empresa referente na economía circular, coincidindo coa celebración do Día Mundial dos RAEE
A nova atracción infantil, xa operativa, está situada xunto ao Templete de San Luís e os chorros de auga, consolidando esta área como un espazo central de lecer no casco urbano
A parcela, de máis de 1.600 metros cadrados, situada na avenida de Galicia, contará cunha zona verde aberta ao público e outra exclusiva para animais, con mobiliario urbano, árbores e fonte
Trátase dun novo elemento de xogo para o desfrute da poboación infantil próximo ao Templete de San Luís e aos chorros de auga, nunha zona verde e de lecer que irá en crecemento complementándose con novos proxectos que inclúen a adhesión de novos terreos próximos
O alcalde Alejandro Lorenzo e os concelleiros Rosario Costas e Marcos Martínez achegáronse esta mañá á ponte de madeira máis próxima ao albergue, onde se atopa o alumando do obradoiro “O Noso Encontro co Emprego” realizando traballos de rehabilitación
Destínase máis dun millón de euros a humanizar preto de dous quilómetros da rúa Antonio Palacios, nos que se inclúe as inmediacións dos centros educativos, o polideportivo municipal e o acceso á A-52