CONCELLO DE PORRIÑO SUBVENCIONA UNHA CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN DE GATOS PROMOVIDA POLA PROTECTORA DE ANIMAIS

Directivas da asociación "Lena Protectora de Animais" estiveron hoxe no Concello de Porriño para comentar os preparativos da campaña de esterilización de gatos que emprenderán a partir da vindeira semana no centro urbano da cidade. Reunironse coa alcaldesa, Eva García e a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.

Segundo as estimacións que deu a coñecer a protectora hai no Porriño trece colonias que acumulan 165 gatos que viven nas rúas cos riscos de saude pública conseguintes.

A protectora trasladou hai tempo este problema ó Concello e prantexou que a administración municipal subvencionase unha campaña de esterilización para deter o aumento de gatos nas rúas.

Voluntarios da Protectora, coa colaboración dunha clínica veterinaria local,levarán a cabo a campaña que segue o método "CES" (coller, esterilizar e soltar) conforme as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS).

A duración da campaña será de doce meses e o importe que subvencionará o Concello de 3.000 euros.