A Xunta de Voceiros Municipais do Concello de O Porriño, dando cumprimento a un acordo unánime acadado na última sesión plenaria, determinou onte a composición que terá a Comisión de Seguimento da Descontaminación do Lindano.
A solicitude acordada en pleno partiu do grupo EU SON cuio voceiro prantexou que na devandita Comisión houbera representantes das Consellerías da Xunta de Galicia implicadas (Sanidade e Medio Ambiente) así como dos sindicatos.
Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde propuxo a incorporación de membros das asociacións veciñais activas na zona.
Finalmente acordouse a creación da Comisión co seguinte composición:- 1 Titular e 1 suplente do Grupo Socialista.- 1 Titular e 1 suplente do Grupo Popular.- 1 Titular e 1 suplente do Grupo do Bloque Nacionalista Galego.- 1 Titular e 1 suplente do Grupo de Eu Son do Porriño.- 1 Titular do Grupo Mixto.- 1 Titular e un 1 suplente da Plataforma de Afectados do Lindano.- 1 representante da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.- 1 representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.- 1 representante do sindicado CIG- 1 representante do sindicato UXT- 1 representante do sindicato CCOO- Un representante das tres asociacións veciñais de Torneiros (Relva, Alba e San Salvador)- Un técnico nomeado polo Concello.