Centro Cultural
O Centro Cultural Municipal, atópase na rúa Domingo Bueno, 9. Acolle a Biblioteca Municipal e a Oficina Municipal de Irformación Xuvenil. Ademais conta con dúas salas de exposicións nas que ó longo do ano se realizan diversas mostras e exposición de pintura, escultura, fotografía, actividades escolares, etc.
O auditorio ten capacidade para 180 persoas sentadas. Nel desenvolvese unha programación continuada con concertos, actuacións teatrais, conferencias, etc.
Topase no primeiro andar do Centro Cultural, cunha sala de consulta e unha sala infantil. O horario de apertura é de 9:00 a 21:00 horas, de luns a venres. Conta con mais de 2.000 socios.
A Bibioteca Municipal ofrece unha serie de servizos, todos eles de acceso libre e de balde: lectura e consulta en sala, préstamo a domicilio, carné de usuario, servizo de información xeral e información e orientación bibliográfica.
Conta ademais cunha sala de acceso a internet de banda ancha, con sete terminais. Tamén esta instalado o sistema Wifi co que te podes conectar a internet a traves de calquer dispositivo da túa propiedade en todo o edificio e 200 metros ó redor do mesmo.
A Oficina Municipal de Irformación Xuvenil (OMIX), ten a súa sede no Centro Cultural, cun horario de 9:00 a 21:00 horas. Forma parte da Rede Galega de Información Xuvenil.
Dende a OMIX, ofertanse varios servizos, como a realización do Carne Xove, a tramitación e información para diversos campamentos de verán e outras actiidades, información sobre bolsas, busca de emprego, estudios, formación, asociacionismo, voluntariado, animación sociocultural, etc. Tamén se informa sobre temas relacionados coa cultura, o turismo... Pero ademais, dende a OMIX, apóianse as iniciativas que xorden desde movementos xuvenís, dándolles cobertura nas súas actividades.