Na sede de “ACIPOR” tivo lugar a entrega dos premios ós gañadores do sorteo realizado entre os 17.000 boletíns das persoas que participaron na recente edición do “Pinchorriño 2019”.
A corporación local de Porriño celebrará dous plenos antes que remate o ano, un deles de carácter extraordinario, ademáis da sesión ordinaria mensual. O pleno extra terá lugar o mércores 18 (excepcionalmente en horario de tarde) e a sesión ordinaria pasará ó xoves 26, debido a festividade de Nadal.
A Xunta de Voceiros Municipais do Concello de O Porriño, dando cumprimento a un acordo unánime acadado na última sesión plenaria, determinou onte a composición que terá a Comisión de Seguimento da Descontaminación do Lindano.
“Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA) realizará o vindeiro mércores 11 o acto final da restauración do terreo da “Canteira Ferro” despois de 6 anos de traballos para a súa rehabilitación e devolución ó Concello de O Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre asistirá ó acto.O terreo, como pode observarse nas fotografías, xa está preparado para acoller a prantación dun milleiro de piñeiros que terá lugar ese día. Alumnos dos centros de educación “Aceesca”, de O Porriño, e “Juan María”, de Nigrán serán os encargados de facer a prantación das árbores.Segundo informa Jorge Massó, responsable da firma “POCASA”, necesitaronse medio millón de metros cúbicos de materiais para o recheo da vella explotación de granito “Rosa Porriño”. De feito “POCASA” foi “a primeira entidade en presentar un proxecto de rehabilitación ó abeiro do Real Decreto 975. Deste xeito liberase unha parcela de 3 hectáreas que deixa de ser mineira e devolvese ó Concello do Porriño, unha vez rehabilitada”, explicou o responsable da firma graniteira.No acto do mércores, previsto a partires das 10,30 da mañán, tamén asistirá Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán (pola súa relación co centro “Juan María”) e por suposto unha representación da Dirección Xeral de Minas.
Ó redor de 70.000 tapas venderonse durante os cinco fins de semana que este ano ocupou o "Pinchorriño", segundo os cálculos da asociación comercial "ACIPOR", organizadora deste evento que acadou a súa decimocuarta edición.
Pedro Pereira, concelleiro de Infraestructuras mantivo hoxe reunións coa Xunta de Galicia e logo cos veciños de A Vaquería para revisar como vai o proxecto de mellora da seguridade viaria nesa travesía da estrada PO 510 ó seu paso por Budiño.
A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
Pedro Pereira e Cami Moreira incorporanse esta semana de xeito efectivo ó goberno municipal de Porriño. Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira será o primeiro tenente de alcalde de xeito que Lourdes Moure, voceira socialista ocupará a segunda tenencia de alcaldía.
A maioría da corporación municipal cos votos do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acordou deixar enriba da mesa a decisión sobre o terreno que solicita a asociación “ACEESCA” para construir o seu centro de formación dual.
O Consorcio de Augas do Louro anuncia que iniciará esta semana a execución de diversas obras de mellora nas instalacións existentes que se van realizar en O Porriño e Salceda.
O goberno municipal de Porriño cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar ós pagos de case que 1,7 millóns.
Eva García de la Torre tratou cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta. A alcaldesa, acompañada do inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez reuniuse con Indalecio Cuevas, presidente e David Sobral, xerente da Entidade de Urbanística de Conservación “A Granxa” e co director xeral da fundación “CTAG”, Luis Moreno.