O Consello de Contas vai realizar unha auditoria polo
recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado en 2017 por un importe total de
dous millons setecentos mil euros en facturas atrasadas que o actual goberno de
Porriño que preside Eva García tivo que afrontar como consecuencia da débeda
heredada do mandato anterior do PP entre os anos 2011 e 2015.
María Begoña Villaverde, conselleira do citado organismo supervisor
e dous auditores do mesmo serán recibidos o xoves pola alcaldesa e maila
interventora do Concello que entregarán ós auditores todala documentación e
expedientes referidos a esas facturas que estaban sen pagar e tiveron que
derivarse a recoñecemento extrajudicial.
A alcaldesa Eva García agarda que “do mesmo xeito que acontecera
no seu día con outra inspección anterior, efectúada polo Tribunal de Contas de
Galicia, producto dunha denuncia do PP por este mismo asunto e que se pechou
exonerando ó actual goberno municipal de calquera responsabilidade, aconteza o
mesmo agora tamén”.
“Entendo que o PP que no seu día chegou a denunciar que pagáramos
as facturas que o seu goberno deixou, terá que dar conta de por qué o fixo,
forzando en definitiva ó actual goberno que presido a ter que aprobar ese
recoñecemento extrajudicial aproveitando que un concelleiro popular que é
avogado e levaba unha reclamación dun cliente tivo que absterse o que facilitou
que nos aprobásemos a operación co voto de calidade desta alcaldesa”, engadiu
Eva García.
A alcaldesa considera que esta situación ven devenida pola negativa
sistemática do PP a elaborar orzamentos municipais e prorrogar sistemáticamente
os existentes “unha práctica que foi unha responsabilidade compartida polo anterior
alcalde Nelson Santos e polo concelleiro Alejandro Rodriguez, actual presidente
local e candidato do PP á alcaldía”.