A XXXVII Feira Apícola Rías Baixas cambia de ubicación por choiva, mantendo todas as actividades previstas na programación

 

O Concello do Porriño informa de que, debido á previsión de choiva para a xornada de hoxe, realizáronse cambios na ubicación dalgunhas das actividades incluídas na programación da XXXVII Feira Apícola Rías Baixas. A programación mantense sen modificacións, adaptando unicamente os espazos para garantir o correcto desenvolvemento das actividades e a comodidade das persoas asistentes.

En concreto:

As Xornadas Internacionais desenvolveranse no Centro Cívico do Porriño.

As actividades previstas na Praza do Concello trasládanse á carpa cuberta da Praza do Cristo.

Recoméndase consultar o mapa actualizado e o programa completo da feira, dispoñibles nesta mesma páxina, para localizar facilmente os novos espazos asignados.