A Asociación de Panadeiros presentou ao Concello, o rexistro "Pan do Porriño" outorgado pola Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. David Alonso, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festas, en representación do Concello, recibiron un exemplar do título acreditativo da marca "Pan do Porriño" que lucirá a partir de hoxe nas oito panaderías que promoveron esta marca e adheríronse ao selo. Son "Forno de Mosende", "Chinchina", "Argibay" "Amaquía" "O Progreso", "Erundina", Milagros" e "Panadería Torneiros".
O goberno municipal porriñés levará para a súa aprobación plenaria na vindeira sesión da corporación, o regulamento de tele traballo con Concello. O texto da proposta será trasladado mañá mércores aos demais grupos políticos da corporación na comisión municipal de Economía, Facenda e Persoal que deberá ditaminar o asunto para o pleno do vindeiro mércores 30 de xuño.
O tribunal de avaliación formado por técnicas municipais e presidido polo concelleiro de Emprego, David Alonso resolveu hoxe o primeiro lote de axudas económicas directas outorgadas polo Concello do Porriño a establecementos de hostalería, comercio e autónomos que as solicitaron polo impacto dos peches derivados da pandemia.
Os concelleiros, David Alonso, de Emprego e Novas Tecnoloxías, e Sergio Casal, de Comercio, apadriñaron a presentación da plataforma “ROOMBO” de reparto a domicilio que leva funcionando semana e media no Porriño. O seu franquiciado local, Alberto Parada e representantes do sector hostaleiro local asistiron ao acto informativo, celebrado esta mañá no salón de plenos do Concello.
A páxina web do Concello publica hoxe un documento de corrección de erros para que se corrixan algunhas das solicitudes presentadas para o Plan "Impulsa Porriño" de axudas ao comercio e á hostalería. O mesmo documento de corrección de erros publicouse hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) como é preceptivo. De xeito que os solicitantes que xa presentaron documentación para a súa participación nesta liña de axudas, disporán dun prazo de 10 días adicionais -datas hábiles- a contar a partir de mañá venres 30, para corrixir a súas solicitudes.Toda a convocatoria así como as bases e documentos para as solicitudes poden consultarse na web do Concello premendo sobre o "banner" "Porriño Impulsa". Engadimos documento "pdf" coa corrección de erros
Desde esta mañá xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas económicas directas con cargo ao “Plan Porriño Impulsa” que dispón dun fondo de 140.000 € aportados polo Concello e pola Deputación. As bases e os impresos das solicitudes xa están dispoñibles na páxina web do Concello.
O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma "Soom Management", a explotación da Piscina Municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.
O pleno municipal ordinario que se celebrará este mércores 31, a partir das 18:00 horas, abordará a aprobación da liña de axudas económicas directas aos sectores máis afectados pola Covid, cunha asignación total de 140.000 €. O plan, chamado "Porriño Impulsa 2021" está destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual.
Coa lectura dun manifesto en demanda da redución ao 10% do IVE para o sector de salóns de peiteado, barberías e estética, rematou a concentración de profesionais e traballadores da bisbarra que se celebrou na praza do Concello, cunha gran participación e por espazo dunha hora.
O goberno municipal confía en que a corporación aprobe no próximo pleno municipal que se celebrará na última semana do mes, as bases do plan de axuda económica directa aos sectores máis afectados pola pandemia.
O Concello do Porriño vén de reunirse en segunda sesión con empresas do sector da automoción para lanzar unha bolsa de formación e emprego no sector. David Alonso, concelleiro de Emprego mantivo hoxe unha reunión telemática con representantes de empresas do sector como "Ti Automotive", "Magna Seating" e "Gestamp".