O Concello do Porriño finaliza con éxito o traballo de dixitalización dos expedientes administrativos do Departamento de Urbanismo. Este importante proxecto, levado a cabo polo alumnado-traballador da especialidade de “Tecnoloxías da Información e Comunicación” do Obradoiro de Emprego “Porremprego Cualifica II”, permitiu dixitalizar un total de 1070 expedientes de diferentes departamentos municipais que abarcan desde o ano 2002 ata a implantación do sistema Xestiona na administración local.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañou á directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, na súa visita ao Polo de Emprendemento e apoio ao emprego do municipio, quen puxo de relevo que desde a súa posta en marcha a finais do ano pasado ten atendido máis de 370 proxectos mediante unhas 750 titorías. O do Porriño está enmarcado na Rede de polos galega, con 14 centros activos no territorio prestando asesoramento individualizado e gratuíto a calquera persoa que queira emprender un negocio ou consolidar o que xa ten.
A Concelleira de Emprego do Concello do Porriño pon en marcha novas edicións do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital para o vindeiro mes de setembro. Desde xuño xa se teñen feito 5 edicións ás que asistiron preto de 100 alumnos e alumnas.
A Xunta de Galicia vén de dar luz verde ao obradoiro dual de emprego impulsado polo Concello do Porriño “O Porriño humaniza”, no que 20 alumnos/traballadores poderán formarse mentres traballan nas especialidades de albanelería de urbanización e albanelería de traballos de pintura. A administración autonómica vén de conceder a achega de 411.928 euros para este programa de emprego. Pola súa banda, o Concello aportará 45.000, para sumar un total de 456.928 euros destinados a este plan.
90 persoas participaron ata o de agora nos cursos de capacitación dixital aplicada que se están a impartir no Porriño. Foron cinco as quendas desta actividade formativa na que o alumnado obtén información e alfabetización dixital, aprende sobre a creación de contidos e seguridade na rede.
O Concello do Porriño impulsa un novo obradoiro de emprego no que 16 mozos/as en situación de desemprego poderán formarse mentres traballan nas especialidades de carpintería e albanelería urbanización. A administración autonómica vén de dar luz verde a “O Noso Encontro co Emprego”, un programa de emprego para a mocidade, dirixido a persoas menores de 30 anos que deberán estar inscritas e ser beneficiarias do sistema nacional de Garantía Xuvenil. Como requisito imprescindible terán que estar dados de alta como demandantes de emprego na oficina de emprego.
O Concello do Porriño guiará a un total 100 persoas, homes e mulleres, no seu obxectivo de conseguir un emprego, cun compromiso de inserción do 40%. As persoas seleccionadas deben formar parte do Servizo Público de Emprego de Galicia.
O Concello do Porriño organiza un curso de Ofimática e Capacitación Dixital. A acción formativa, de 30 horas de duración, está aberta a toda persoa interesada, con independencia do lugar de residencia, e é totalmente gratuito. Ademais, impartirase de forma presencial nas instalacións de Porremprego, en Torneiros, en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas en participar.
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego O Porriño realizou, en colaboración da Concellería de Emprego do Concello do Porriño, a segunda sesión do “Taller de NewSkills” para adestrar as competencias blandas a través da realidade virtual.
A Fundación Ronsel en colaboración co Concello do Porriño, organiza unha serie de formacións presenciais e gratuítas baixo o título “Camiño Emprendedor”, para persoas que teñan en mente emprender ou xa conten cunha idea de negocio.
Desde mediados de febreiro está en marcha o Plan Integrado de Emprego (PIE), un completo programa dedicado a mellorar a empregabilidade no Porriño das 100 persoas participantes ó longo do ano. A día de hoxe, “estamos moi contentos co resultado obtido ata o de agora, cun 40% de inserción laboral en tan só estes meses e con máis incorporacións previstas nas vindeiras semanas. O obxectivo inicial do programa era do 45% de inserción e xa pronto o lograremos”, declara Rosario Costas, Concelleira de Emprego e Formación.
Os/as dez alumnos/as traballadores/as do obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica II” avanzan na súa formación en “Implantación de Tecnoloxías da Información e Comuniciación e a Economía Dixital na Administración” coa creación do arquivo dixital municipal.