A semana que ven, o Punto SmartPeme O Porriño, que ten o seu centro no Multiusos Municipal de Torneiros, imparte dous talleres dirixidos a PEMES e autónomos e totalmente de balde.
Os alumnos e alumnas do IES Pino Manso recibirán este luns –ás 11 e media da mañá- o ‘Premio de Cooperativismo’ do Goberno de Galicia, pola realización dun mapa dixital de accesibilidade en cadeira de rodas a establecementos da contorna empregando as novas tecnoloxías.
O concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, mantivo este mércores unha xuntanza en Santiago co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para tratar distintos temas de interese para O Porriño.
A Biblioteca Municipal do Porriño informa de que está aberto o prazo de inscrición para o ‘Obradoiro de escritura creativa’, que impartido pola recoñecida escritora Clara do Roxo, os días 7,8,14 e 15 de xuño, de 6 a 8 da tarde, e que está dirixido a poboación adulta.
Eva García de la Torre, que estivo acompañada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o director do centro, José Benito Rodríguez, tipo a oportunidade de disfrutar desta mostra, na que participaron todas as alumnas e alumnos do colexio, que xira ao redor do mundo dos contos, da imaxinacion,das adiviñas, dos soños e da creatividade
O Pleno do Concello do Porriño aprobou solicitar ao Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra que permita a apertura dun aula da universidade na vila.
A Biblioteca Municipal organiza o obradoiro para nenos 'Coidemos o mar. Podemos!', no que participarán dúas investigadoras do Centro Oceanográfico de Vigo
A alcaldesa, Eva Garcia de la Torre, e as concelleiras de Benestar, Soledad Girón, e Educación, Lourdes Moure, participan no xantar de a peña celtista Os Zoqueiros
Marie-France Regis, alcaldesa de Mouillac e vicepresidenta da Communauté de Communes du Fronsadais; Joël Caurraze, presidente do Comité de Hermanamiento Europeo deste organismo; Caroline Lescoul, tenente de alcalde do Concello de Galgón e responsábel de Asuntos Sociais, e Edwige Obledillo,profesor del Instituto Profesional de Blaye, representantes concellos de Burdeos de visita oficial a O Porriño, visitaron este xoves o Festival de Cans e unha das canteiras do Concello.
Representantes de concellos de Burdeos chegan este mércores a O Porriño para impulsar proxectos conxuntos en Educación, Turismo, Viticultura ou Comercio