A delegación que representou a Porriño no I Encontro de Participación Infantil e de Adolescencia de Galicia celebrado este pasado fin de semana en Castrelo do Miño tivo unha actuación sobranceira. Os catro alumnos Carla, laura, Anxo e Pablo que acudiron en representación dos nenos e nenas de Porriño tiveron protagonismo nos debates das ponencias sobre Educación, Cambio Climático, Pobreza, Protección e Participación.
Tres alumnos porriñeses foron galardoados no IV Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio do Louro que este ano tiña como lema “Os Investigadores da Auga trala pista do ciclo integral da auga”.
O Concello de Porriño participará esta vindeira fin de semana no I Encontro de Participación e Adolescencia de Galicia que terá lugar no concello ourensán de Castrelo do Miño.
O venres 7 de xuño, no Círculo Recreativo e Cultural realizaráse a proxección das curtametraxes participantes no "Proxecto "Xénero Historias". Tratase de traballos audiovisuais protagonizados polo alumnado de Secundaria dos diferentes centros escolares do Porriño que participaron nesta iniciativa formativa contra a violencia de xénero. Fora organizada pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño.
A OMIX do Concello do Porriño , en colaboración coa asociación Vella Escola presenta na plataforma youtube.com a gravación do documental do proxecto QUEROeco (Cultura Urbana co Medio Ambiente). O traballo elaborouse con imaxes do proceso de realización do mural, a súa preparación, entrevista ao artista e aos promotores do proxecto así como aos veciños e participantes.
A exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibe no Centro Cultural Municipal extendese un día máis xa que inicialmente estaba previsto que pechase na data de hoxe, 2 de xuño, segundo informa o persoal do Centro.
Alumnos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria dos colexios da cidade participaron durante estes últimos días na competición escolar de mini basket organizada polo "Porriño Baloncesto Base" (PBB).
Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa "Corto e cambio". As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de consumos de drogas, alcol e tabaco entre a mocedade porriñesa.
Os concelleiros do goberno municipal, Lourdes Moure e Orlando Márquez asistiron esta tarde á presentación dos traballos audiovisuais do programa "Corto e Cambio" que se puideron ver en estrea no Centro Cultural Municipal. Estas 10 pezas audiovisuais elaboradas por alumnos porriñeses estarán en breve dispoñibles tamén na web municipal e nas redes sociais e forman parte do curso preventivo promovido pola OMIX do Concello de Porriño.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Porriño informa que ó longo deste ano ten levadas a cabo “numerosas iniciativas destinadas a previr o acceso ó mundo das drogas entre distintos sectores da poboación”, segundo o balanzo que fixo público a Concellería de Servizos Sociais.
"Corto e Cambio" é un programa de prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes, no que participaron uns 120 mozos e mozas promovido polo Concello de Porriño e organizado pola OMIX. Os mozos e mozas elaboraron distintas pezas audiovisuais para sensibilizar sobre esta problemática ao resto de compañeiros e a cidadanía en xeral.
A proba ciclodeportiva "Xarotos Gran Fondo", organizada polo clube "Máster da Louriña" e patrocinada polo Concello de Porriño e Deputación Provincial, contará finalmente cunha inscripción de 350 participantes. O dorsal número 1 será para o ex-ciclista profesional Gustavo Rodríguez, actualmente adicado ó triatlón, que nesta edición recibirá unha homenaxe especial polos organizadores.