B46B5839.jpg
O Concello expresa o seu fondo pesar polo falecemento do profesor Moncho Iglesias
O goberno municipal no nome do Concello do Porriño expresa o seu fondo pesar polo falecemento do profesor Moncho Iglesias.
Multiusos-Aula-Cemit-Porrino.jpg
Aberta a Aula "Cemit" no Multiusos Municipal de Torneiros
A Concellería de Novas Tecnoloxías comunica que a Aula CEMIT do Concello do Porriño xa está aberta ao público nas instalacións do Multiusos Municipal de Torneiros.
perros-de-terapia.jpg
Comezan os obradoiros de Educación en Valores co apoio de cans de terapia en centros docentes do Porriño
A actividade nomeada “Valores que deixan pegada”, promovida pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, comezará hoxe martes a desenvolverse polos centros docentes da vila ata o 12 de novembro.Esta actividade dirixise ao alumnado de educación infantil e primaria, cunha previsión de 400 nenos e nenas participantes entre os seguintes centros escolares: CEIP Antonio Palacios, CEIP Atios, CEIP Cruz Budiño, CEIP Mosende, CEIP Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.O obxectivo xeral desta actividade é trasladar os beneficios que achegan os animais a contornos escolares, coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a este fin.
Exposicion-de-calacus-1.jpg
Galería de imaxes: exposición de calacús de Samaín
Deixamos unha selección de imaxes da exposición de cabazas decoradas por escolares de Primaria dos colexios do Porriño coa ocasión do Samaín, iniciativa promovida pola Concellería de Educación e a OMIX.
concurso-logotipos-para-Instagram-del-Consello-da-Xuventude.jpg
O Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño estrea o seu propio perfil en Instagram
O obxectivo é ofrecer unha nova canle de comunicación coa poboación máis nova do concello e darlle maior visibilidade ao traballo realizado polo Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia do Porriño que é un órgano de participación que ven funcionando nesta vila mesmo antes do seu recoñecemento como "Cidade amiga da infancia" por parte de UNICEF, dende 2018.
Exposicion_calacus.jpg
Exposición dos calacús de Samaín decorados por nenos e nenas do Porriño
A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, coa ocasión do Samaín  anuncia que mañá sábado exporanse na rúas e nos arredores da Casa Consistorial, as cabazas decoradas por escolares de Primaria dos colexios do Porriño.
IMG_3805.jpg
O IES Ribeira do Louro acolleu unha acción polo clima do programa "DepoRúARTE"
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure compartiron visita con Olga García, deputada delegada de Cohesión Social, ao Instituto de Ensino Secundario Ribeira do Louro onde presenciaron o resultado final dunha "Acción polo Clima" realizada por alumnos e alumnas.
IMG_3339.jpg
O "Pinta Muros" continúa o seu periplo polos centros docentes do Porriño
A actividade “O Pinta Muros” que promove o Concello do Porriño, a través da OMIX, segue o seu percorrido polos colexios e institutos do termo municipal. Hoxe fixo escala no CEIP de Atios onde os escolares pintaron un mural colaborativo co nome do centro docente nunha das paredes na zona dos patios que estaba moi deteriorada.
Q55A2328.jpg
A concelleira de Educación reclama á Xunta de Galicia información clara e periódica sobre os contaxios de covid nos centros docentes do Porriño
Lourdes Moure, concelleira de Educación reclamou no nome do Concello do Porriño á Xunta de Galicia "información clara e periódica sobre os contaxios de covid nos centros docentes da vila". A concelleira expresou "o malestar fronte á Consellería de Sanidade pola falta de información que temos sobre a incidencia do Covid no concello e particularmente na parte que me toca, na comunidade educativa". Lourdes Moure lembrou que tivemos casos en dous centros, "Aceesca" e no CEIP "Fernández López" dos que "enterámonos de xeito extraoficial e a través de terceiros", engadiu a concelleira. Lourdes Moure manifestou que a súa Concellería tamén trasladará este malestar á FEGAMP para sumarnos aos demais concellos que tamén reclaman á Xunta de Galicia información diaria da incidencia do Covid nos nosos axuntamentos". Moure Varela lembrou que concellos como O Porriño "estamos a facer un esforzo orzamentario moi importante en asumir tarefas como a desinfección diaria de colexios e garderías aínda de que se trata dunha competencia impropia que asumimos pola seguridade dos nosos nenos e nenas", rematou.
IMG_2931.jpg
A concelleira de Educación entrega un lote de máscaras de protección aos centros de ensino da vila
A concelleira de Educación Lourdes Moure fixo entrega hoxe dunha partida de 1.500 máscaras de protección a distribuir entre centros de ensino da vila. Directores e representantes dos colexios Fernández López, Antonio Palacios, Atios, Ribeira, Budiño, Santo Tomás e Hermanos Quiroga; do centro de Aceesca e dos institutos Pino Manso e Ribeira do Louro acudiron ao salón de sesións do Concello onde fíxose a entrega.   
237c67cd-1932-4c48-9d2a-614cc9708759.jpg
O Concello comeza a realizar as desinfeccións diarias nos colexios e garderías públicas que corresponderían á Xunta de Galicia
O Concello do Porriño comeza a partir de hoxe xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito que, como outros concellos limítrofes (Gondomar ou Nigrán), realizase polo axuntamento que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia que é a administración que ten esa competencia. A Concellería de Educación que dirixe Lourdes Moure decidiu asumir esas tarefas de desinfección “xa que ante todo, os nenos e nenas son porriñeses e o Concello non vai permitir que estean en situacións de risco”, manifestou. A tal fin, realizouse un contrato menor para que unha empresa, “Limpezas Cíes”, faga a diario esas desinfeccións nas zonas comúns dos colexios públicos e da escola unitaria de Mosende así como nas “Galiñas Azuis” de Torneiros e rúa Doantes de Sangue. A vixencia do contrato é ata mediados de decembro, ata que comecen as vacacións de Nadal nos centros de ensino.
IMG_2619.jpg
3.000 máscaras enviadas polo Goberno Central distribúense polo Concello entre os colectivos máis vulnerables
Unha achega de 3.000 unidades de máscaras de protección enviadas polo Goberno de España segundo o acordo acadado coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), chegaron hoxe ao Concello do Porriño.