O Concello de Porriño ven de recibir o título de Cidade Amiga das Persoas Maiores que se une ao de Cidade Amiga da Infancia que ostenta desde 2018. A concelleira de Educación, Lourdes Moure Varela está a convidar á presentación aos medios informativos que se vai realizar o venres 17, ás 11 horas, no salón de plenos do Concello para que tamén acudan representantes das asociacións veciñais e culturais das parroquias do concello e de diversos sectores sociais.
A concelleira de Educación, Lourdes Moure participou hoxe na primeira quenda das “IV Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF baixo o título “Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o ámbito local”. Estas Xornadas se prolongarán ata mañá mércores e celébranse de xeito telemática.
A concelleira de Educación, Lourdes Moure, xunto con alumnos, profesores e coidadores do centro “Aceesca” participaron esta mañá no despregamento da pancarta conmemorativa do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Os representantes de todos os centros educativos de Porriño que participaron hoxe no pleno infantil que se celebra coa ocasión do Día Mundial da Infancia que se conmemorará mañá, acordaron por unanimidade que o Concello organice e lidere unha nova iniciativa "GivingTuesday" (Martes de dar).
Un ano máis, o Concello do Porriño, para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos daInfancia, celebrará un Pleno Infantil, coa participación de nenas, nenos e adolescentes domunicipio.O Pleno celebrarase o venres 19 de novembro, ás 10:30h da mañá no salón de sesións do Concello, onde acudirán unha voceira e un voceiro de cada centro de ensino do municipio, en representación de todas as nenas, nenos e adolescentes. En total participarán os dez centros do municipio; sete colexios, dous institutos e a asociación ACEESCA.A temática deste ano, seguindo as indicacións do Comite de Unicef Galicia, será o medio ambiente. As persoas participantes xunto coas compañeiras e compañeiros do seu centro, están debatindo, reflexionando e preparando as propostas que presentarán no pleno para que o Concello do Porriño sexa máis sostible e sexa quen de axeitarse mellor aos impactos do cambio climático.
Carla Godoy Magalhaes e Nicolás Freiría Casal serán os dous representantes da infancia e adolescencia porriñesa que asistirán no Parlamento de Galicia mañá martes 16 ao Foro de Participación Infantil e Adolescente. Este encontro, organizado polo Parlamento autonómico e o Comité de Unicef Galicia, celebrase anualmente para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Rapaces e rapaces de toda a Galicia que forman parte dos consellos municipais da Infancia e adolescencia trasladarán aos grupos políticos do Parlamento e ao goberno da Xunta de Galicia as propostas que estiveron deseñando o pasado mes de outubro no encontro autonómico. A temática deste ano é o medio ambiente e as propostas da mocidade versan sobre as posibles actuacións que debe levar a cabo o goberno autonómico para que Galicia sexa unha comunidade máis sostible.
A alcaldesa, Eva Garcia presidiu hoxe a presentación do "Pinchoneno 2021" que terá lugar o vindeiro sábado 20 de novembro, baixo carpa e cun aforamento limitado a 200 participantes, no Parque do Cristo. O prazo de inscrición está aberto e as reservas realízanse no enderezo de correo electrónico pinchoneno@gmail.com ata o 18 de novembro.
Unha delegación municipal desprazouse a Cabo Verde para participar nunha serie de sesións de traballo do proxecto “EcoYouth”, coordinado polo Concello do Porriño e financiado con fondos da Unión Europea. Trátase dunha iniciativa participada polo Instituto Porriñés de Educación Secundaria “Ribeira do Louro”, pola Universidade de Cabo Verde e por asociacións de Mozambique e Portugal. “EcoYouth” ten como obxectivo promover o empoderamento da mocidade na loita contra o cambio climático nos países participantes no proxecto.
Lourdes Moure, concelleira de Educación, asistida por Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Porriño, reuniuse hoxe coas direccións dos centros educativos do municipio para establecer o calendario de actividades escolares para 2022.
Por segundo ano consecutivo, O Porriño súmase ao Encontro Autonómico de Consellos da Infancia e da Adolescencia, organizado por UNICEF Comité Galicia que vai ter lugar mañá venres 22 e o sábado 23. O encontro desta volta será telemático para protexer o benestar das persoas participantes.
Lourdes Moure, concelleira de Educación visitou esta tarde o obradoiro sobre ciberseguridade que está a desenvolverse nos centros de ensino secundario porriñeses. A concelleira compartiu actividade con alumnos e alumnas de 3º da ESO no IES Pino Manso.