O Concello de Porriño lembra que este sábado 29 terá lugar a
entrega do II Premio “Roberto Vidal Bolaño” para textos teatrais inéditos,
escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.
O premio corresponderá a Ana Abad de Larriva pola obra “A
sombra das árbores”, segundo o fallo do xurado, coñecido hai días, ó que se
dará lectura durante a ceremonia. Comezará ás 19 horas no Instituto de Ensino
Secundario Ribeira do Louro coas intervencións do escritor Francisco Castro,
director xeral de Editorial Galaxia; Delio García Represas, profesor do IES
Ribeira do Louro, e Lourdes Moure, concelleira de Educación.
O Concello sumouse a partir deste ano á organización do
certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia.
Precisamente a editorial asinará coa gañadora do premio o correspondente
contrato para a edición da obra galardoada.