Mañán venres 26 será a quenda do Rap e do Beatbox en “Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio
activo dirixido á mocedade que patrocina o Concello de Porriño e organiza a
través da OMIX. A cita, coma sempre, a partir das 18 horas no Parque Infantil ó
carón do Cemiterio.
Esta edición de “Vive a Cultura Urbana” está chegando ó seu
fin. A programación dividiuse en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte
Urbana. No mes de abril están a desenrolarse as actividades nese segundo eido a
través de diversos obradoiros. Un deles, adicado ó “breakdance” tivo que
aprazarse por causa meteorolóxica e adiouse para o 3 de maio. Nesa mesma data
celebraráse tamén, en horario de noite, o festival musical co que concluirá a
programación deste ano.
O propósito de “Vive a Cultura Urbana” “é fomentar un xeito
de ocio saúdable entre a mocedade prestando especial atención á franxa de idade
de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia”, segundo manifestou Eva
García, alcaldesa de Porriño, concello que ten o receoñecemento de “Cidade
Amiga da Infancia” outorgado pola UNICEF.