O Concello vén de publicar as Bases e Convocatoria para a concesión de premios a Comparsas e Asociacións Culturais e Veciñais do Porriño que participen na celebración de 'Porrigalia 2018'.
O Concello vén de publicar as bases para a colocación dos postos, na rúa Manuel Rodríguez, da Festa de San Benito, que se celebra os días 10, 11 e 12 deste mes de xullo.
Xa está en marcha o Programa Cultural Municipal deste mes de xullo que será especialemente intenso, pois ás actividades programadas dende a Concellería de Cultura, súmanse a celebración de 'Porrigalia', os días 20, 21 e 22, e as Festas de San Benito, os vindeiros días, 10, 11 e 12.
O concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente do Club Furaventos, Gerardo Martínez, presentaron este martes o ‘Campionato de España F3U’ e o ‘Campionato da Liga Galega de Drones’ que organiza o club porriñés por delegación de Real Federación Aeronáutica Española e a Federación Aeronáutica Galega.
O porriñés Ricardo Baz segue a darnos satisfacción despois de facerse co Campionato de España de Jiu Jitsu, acadando o ouro do seu peso (Nogui) e pendurándose o bronce en ‘kimono’.
A Praza de San Sebastián acolle este sábado, día 23 de xuño, dende as 7 da tarde, a '10ª edición da Festa do Chouripán' na que os asistentes poderán degustar o tradicional "chouripán"-a 2,5€ con bebida- elaborado de xeito artesanal con producto do país e co tradicional "Pan do Porriño", que suministran varias panaderías da vila.
O Concello do Porriño está a traballar na iniciativa de participación infantil e adolescente, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de ‘Cidade Amiga da Infancia’, de UNICEF, que trata de facer un concello máis transparente e próximo, pero sobre todo pretende coñecer as opinións, intereses e necesidades dos veciños e veciñas máis novos, co compromiso de que estas serán atendidas.
O Círculo Recreativo e Cultural do Porriño será o escenario do ‘6º Festival de Bandas de Música de Escolas’, que terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de xuño, ás 8 e media da tarde.
O CD Choco e C.F. Agrupación Estudiantil disputan este sábado, día 9 de xuño, ás 5 da tarde, no Lourambal, a Final Masculina da XI Copa Deputación de Fútbol. Á final está prevista a asistencia da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
A décima edición Torneo IV Nacións feminino celebrarase a vindeira fin de semana, días 9 e 10 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Guinea. Ademais, o venres, día 8, ás 8 da tarde, celebrarase un partido amigable, tamén no Porriño, contra a selección de Guinea.
Dende este venres día 8 de xuño, e dentro do ‘Circuíto Galego de Teatro Amador 2018’, da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), o Centro Cultural Municipal do Porriño acollerá cinco representacións ao logo de todo este mes, con entrada de balde ata completar aforo.