IMG_3318.jpg
A pista 2 do Polideportivo Municipal estrea nova imaxe
A pista 2 do Polideportivo Municipal, unha vez rematadas as obras de lixado, arranxo e colocación da nova superficie de madeira para concluír a reparación dos danos ocasionados polas inundacións do 1 de xuño, estrea nova imaxe co pintado das liñas da cancha en cor morada.
Aida-Valino-campeona-elite-de-Galicia-y-Chus-Barros-subcampeona.jpg
Aida Valiño, do equipo "Louriña Cycling Team", encabeza os éxitos deportivos dos nosos clubs no Campionato Galego de Contra Reloxo 2020
A triatleta Aida Valiño, flamante fichaxe do novo equipo ciclista porriñés "Louriña Cycling Team", produto da fusión entre "Máster da Louriña" e "A.D. Avanza", proclamouse campioa galega de contra reloxo individual 2020, na categoría elite. Cun crono de 19:36, Aida amosou a súa calidade. Hai que ter en conta que volveu á competición xa que estivo aleixada do ciclismo nestes últimos anos despois da súa maternidade e de sufrir dous accidentes de tráfico cando adestraba.
31cc7e5d-fbcd-4ba8-9e02-035a276852f9.jpg
Novas canastras laterais no Polideportivo Municipal
O Concelleiro de Deportes, David Alonso e o xefe do Servizo, Julio Bernárdez comprobaron a instalación no Polideportivo Municipal das novas canastras laterais xa que as anteriores estaban moi deterioradas.
Obradoiro-de-Vimbios.jpg
Obradoiros de vimbios: comezarán o vindeiro sábado 10 e requiren inscrición previa
A Concellería de Cultura anuncia a celebración de obradoiros de vimbios que impartirá Julia de la Cal.
B46B0247.jpg
O Porriño celebrou a XXVII Festa dos Callos
Preto de trinta establecementos do Porriño participaron na 27ª edición da Festa dos Callos que se celebrou este domingo. Segundo acordaron establecementos e organizadores, cun novo prezo único, de 6 euros que incluía ración de callos, pan e a cazola conmemorativa.
Sala-de-Estudio-de-Porrino-logo.jpg
Novo horario da Sala de Estudo Municipal que tamén abrirá de tarde
A Sala de Estudo Municipal, habilitada no Centro Cívico, vén de ampliar o seu horario de apertura: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h., de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria oportunas pola COVID-19, segundo anunciou hoxe Cami Moreira, concelleira de Cultura.
Chove-Anxela-Blanco.jpg
Festas do Cristo: Cambio de emprazamento do espectáculo de danza de Anxela Blanco que pasará ao Centro Cultural Municipal
A Concellería de Cultura e Festexos informa dun cambio de emprazamento do espectáculo de danza de Anxela Blanco que está previsto para este sábado 3 de outubro. Non se celebrará na Praza do Cristo senón que terá lugar no Centro Cultural Municipal, á vista das previsións de choiva para o sábado. Este cambio supón unha adaptación a un espazo interior polo que non se representará o que estaba previsto inicialmente, chamado ‘Voo’, senón outro de nova creación nomeado ‘Chove’”, anuncia a Concellería que dirixe Cami Moreira. O cambio de recinto supón tamén un aforo restrinxido (75 espectadores) con entrada libre e de balde ata completar ese aforo, polos protocolos anti-covid. A duración do evento será de 30 minutos.
Opera-breaks.jpg
As Festas do Cristo ofrecen o espectáculo "Ópera Break's" coa mestura das actuacións da soprano Esperanza Mara e artistas urbanos
Hoxe luns 28, festivo local no Porriño, a programación das Festas do Cristo ofrecerá un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s. O espectáculo que comezará ás 18 h. na praza do Concello, cun aforo reducido, está producido por “Vella Escola”. O seu responsable, Pablo Castiñeira explicou que na posta en escena “sumaremos o talento operístico da soprano Esperanza Mara cos bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock e co DJ Mil”. “Trátase dunha fórmula nova que coido que é un formato que debemos promover pois estas novas formas de espectáculo pretenden acercar a ópera e as artes urbanas a outros públicos”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Festas y Cultura. “Pretendemos quitar ese aire de que a ópera é un espectáculo para adultos e elitista, cando realmente é unha manifestación musical que pode conxugar moi ben coa arte urbana. Ofreceremos unha fusión entre contar unha historia en formato operístico apoiado con bailes de cultura urbana cun resultado espectacular”, engadiu a concelleira de Festas e Cultura.
Os-Bregadiers.jpg
Programación das Festas do Cristo 2020: Adiada sine die a sesión vermú coa banda "Os Bregadiers" á vista das previsións climatolóxicas
A Concellería de Cultura e Festexos decidiu adiar sine die a actuación da banda "Os Bregadiers" prevista para o domingo 27, á vista das previsions climatolóxicas. Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura.
Banner-oporrino_org_FESTAS-DO-CRISTO-2020.jpg
Programación das Festas do Cristo 2020: Cambios debido ás previsións climatolóxicas
A Concellería de Cultura e Festexos ven de decidir unha serie de modificacións na programación das Festas do Cristo 2020 para hoxe e vindeiros días debido ás previsións climatolóxicas adversas.
Obradoiro-Coxegas-4.jpg
Festas do Cristo 2020: Obradoiro de animación
Deixamos unha galería de imaxes do obradoiro de animación que onte domingo ofreceuse na praza Arquitecto Antonio Palacios, a cargo de "Cóxegas". 
Final-Improvisdados.jpg
"O Ras" gañou a primeira edición da Batalla de Debuxantes "Improvisdado"
O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra, foi o gañador desta primeira edición da Batalla de Debuxantes “ImprovisDado”, unha novidade no programa das Festas do Cristo 2020.