O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, súmase á conmemoración do Día Internacional da Narración Oral que se celebrará o vindeiro sábado 20 de marzo. Por este motivo, celebrarase un espectáculo cun aforo restrinxido a 50 persoas, no auditorio ao aire libre do Centro Cultural Municipal (18.00 horas) a cargo da actriz Vero Rilo.
Hoxe presentouse a segunda edición da “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, un certame “singular e único que organiza o Concello do Porriño coa intención de crear novas formas de expresión artística, querendo romper estándares e normas non escritas da arte”, segundo anunciou Cami Moreira, concelleira de Cultura, Mocidade e Festas.
A Concellería de Cultura e Festas que dirixe Cami Moreira anuncia a presentación mañá xoves, en roda de prensa, da segunda edición do certame “Batalla de Debuxantes Improvisdado”. A comparecencia terá lugar ás 12 horas no salón de plenos do Concello e xunto coa concelleira, participarán Noelia de la Fuente, responsable da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) e Pablo Castiñeira, responsable de “Vella Escola”, entidade productora do certame.
O vindeiro día 13 terá lugar a segunda quenda do ciclo "Marzo de Sábados Teatrais", espectáculo teatral en liña, coa representación da peza "Interferencia varada", a cargo de "Xerpo", a partir das 21 horas.
Tratase do primeiro dos espectáculos teatrais en liña que "XERPO" representará para todos aqueles e aquelas que se inscriban previamente e queiran seguir a función mediante a aplicación "Zoom".
Entrar na Biblioteca do Porriño xa non é un ritual dedicado ao silencio e as lámpadas de lectura, reservado para ás persoas de oposicións ou universidade entregadas aos seus exames.
A Concellería de Cultura anuncia o ciclo "Marzo de sábados teatrais" que comezará o vindeiro día 6, unha programación axeitada á pandemia global que sufrimos que tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras.
O Concello do Porriño renovou a subvención anual para o Club de Atletismo Porriño que esta tempada 2021 recibirá 17.000 €.David Alonso, concelleiro de Deportes e Patricia Estévez, presidenta do club formalizaron o procedemento nas instalacións da pista de atletismo no Polígono da Granxa, coa presenza de atletas de distintas categorías.
A alcaldesa, Eva García, en presenza do concelleiro delegado de Deportes, David Alonso, asinou este mediodía o contrato de patrocinio do Concello do Porriño co club ciclista Master da Louriña, representado polo seu presidente, Juan José Alvarez Cerdeira.
A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística anuncia que este mércores, 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro, con motivo do 184 aniversario do seu nacemento, realizarase un vídeo mapping na praza do Concello, adicado á escritora e poeta, referencia absoluta da cultura galega.A actividade desenvolverase a partir das 19.30 horas.Deixamos ligazón coa web de Cultura para máis detalles.
O Concello do Porriño súmase á celebración do Día de Rosalía, 24 de febreiro, co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega no seu 182º aniversario.