CONFIRMADO: TRASLADASE A PRIMEIRA SESIÓN DE CINEMA NA RÚA CON FLOCOS DE MILLO Ó CENTRO CULTURAL MUNICIPAL

Á vista da situación meteorolóxica e da previsión para esta noite, o Concello de Porriño comunica que a primeira sesión de "Cinema na rúa con millos de floco" (palomitas) trasladase ó Centro Cultural Municipal.

Comezará á mesma hora, a partires das dez da noite con entrada de balde, ata completar aforo.

A primeira película será "Megalodón", protagonizada por Jason Statham.

O cinema na rúa é unha oferta cultural gratuita que promove o departamento de Cultura do Concello de Porriño. E os flocos de millo tamén distribuiranse de balde entre o público asistente.