A alcaldesa, que dende hai menos dunha semana é tamén a máxima responsable da área de Deportes do Concello- visitou este mércores as obras da novas instalacións de atletismo da Granxa.
As mesmas, que contarán cun
orzamento de 1 millóns de euros, serán unha realidade grazas a unha achega de
800.000€ por parte da Deputación de Pontevedra que, coma todas as inversións do
organismo provincial no Porriño, foron asinadas pola propia alcaldesa.
A nova instalación deportiva de
A Granxa, que segundo o proxecto estará rematada o vindeiro mes de maio, é “unha aposta de futuro”, sinalou García
de la Torre, quen asegurou que porá a dispor dos máis de 650 integrantes do
Club Atletismo do Porriño dunhas “dotacións óptimas e punteiras”.
As mesmas contarán cun módulo cuberto cunha recta de 6 rúas de
60 metros de lonxitude; disporá dun
teito dotado de lucernarios que permitan o paso da luz natural. A maiores, contará
co alumeado axeitado para o desenrolo de competicións e adestramentos e prevese
a instalación dun sistema de ‘fotofinish’.
Na parte central da pista
executarase un módulo de lanzamento de peso cun aro de formigón provisto dun
anel de seguridade. O entorno terá un espazo verde de céspede que integra a
instalación coa súa contorna.
As instalacións estarán
preparadas para a práctica de distintas modalidades e disciplinas de atletismo,
ademais de salto de altura, de lonxitude, triplo salto ou salto con pértega.
A alcaldesa engadiu que á par
que se leva adiante a construción deste novo emprazamento deportivo, vaise
avanzar no proxecto que permita que as instalacións que están preto do
mesmo dispoñan doutros servizos coma
oficinas e vestiarios.