O Porriño segue a invertir na calidade dos servizos que presta aos seus maiores. Nesta liña, a entidade local acometerá unha serie de melloras no Centro de Día de Torneiros que redundarán nunha mellor atención aos/as usuarios/as deste centro socio-terapéutico.
As actividades de conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ continúan no porriño. Este mércores 3 de xullo, a partir das 20 h, o Centro Cultural acollerá o coloquio `A diversidade, parte de nós. Celebra o Orgullo”, dirixido por Robe Mattia e Grey Olivera, dúas activistas de Nós Mesmas desde fai máis de 8 anos.
Mañé venres 28 de xullo O Porriño celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ co II Consurso Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024 e un concerto posterior do grupo galego Las Antonias. As actuacións comezarán as 21:00 h na praza do Arquitecto Antonio Palacios.
Esta mañá o alcalde Alejandro Lorenzo recibiu na Casa Consistorial a Iván M.D.J., un porriñés de 16 anos que superou con éxito o primeiro curso da FPB de Comercio. Iván é o primeiro na súa familia en chegar tan alto na súa formación académica.
15 persoas maiores de 55 anos do Porriño participaron nunha nova edición do programa de prevención do deterioro cognitivo “Cultiva a mente”, organizado polo Concello do Porriño e Afaga, que se clausurou hoxe no Centro Sociocomunitario do Porriño.
A Mesa local contra a violencia de xénero do Porriño, na que se atopan representados todas os axentes que actúan no municipio, reuníuse hoxe para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados coa atención ás vítimas e a prevención da violencia machista.
Esta mañá tivo lugar no Porriño unha mesa local de saúde á que estaban convocados todas as entidades e colectivos implicados do Concello, coa finalidade de detectar as principais necesidades en materia de saúde pública e promover un estilo de vida saudable entre a poboación. Esta Mesa pretende poñer o foco sobre os recursos dos que se dispoñe nos diferentes servicios existentes e unha posta en común das ideas e suxestións dos diferentes axentes sociais na procura dun Porriño que potencie hábitos e comportamentos o mais saudables posibles.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscrición o vindeiro luns día 10 de xuño para o “Campamento de verán 2024”, dirixido á cativada entre 3 e 12 anos cumpridos, para axudar a conciliación da vida persoal e laboral.
A unidade móbil estará na rúa Domingo Bueno, o venres 31 de maio en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado 1 de xuño de 10:00 a 15:00 horas.
O Concello do Porriño, en colaboración co Centro de Saúde e a AECC do Porriño, organizan un acto aberto ao público na praza do Arquitecto Antonio Palacios para informar e concienciar á veciñanza sobre tódolos perxuizos do tabaquismo, e intentar deste xeito reducir a taxa de consumo.
Avada, en colaboración co Concello do Porriño, o Centro de Saúde e a AECC do Porriño, organizaron unha serie de divertidas actividades na praza do Arquitecto Antonio Palacios con motivo do Día Mundial Sen Tabaco. Xogos de dados e preguntas relacionadas cos perigos do tabaquismo fixeron que os viandantes se achegaran, informaran e concienciaran sobre esta problemática que afecta tanto aos fumadores, como ás persoas que os rodean.