O Concello do Porriño informa de que xa está dispoñible o listado de admitidos/as no Campamento de Verán 2025, organizado pola Concellería de Igualdade e dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos (ambas idades incluídas).
A actividade dará comezo o 30 de xuño e desenvolverase nas instalacións do CEIP Fernández López, sendo este o punto de entrada e saída diaria dos/as participantes.
Horario de funcionamento do campamento:
· Entrada ás 9:00 horas
· Saída ás 14:00 horas
Horario ampliado:
· Aula matinal: entrada ás 8:30 horas
· Recollida tardía: saída ás 14:30 horas
Recomendacións para as familias:
Os nenos e nenas deberán acudir con roupa e calzado cómodos, así como cunha mochila que conteña:
· Calzado de reposto
· Merenda e auga
· Crema solar posta desde a casa e gorra (obrigatorios)
Se nunha xornada concreta fose necesario traer material específico (bañador, toalla, gafas...), serán as monitoras e monitores os encargados de comunicalo previamente.
Normativa de recollida:
Só poderán entregar e recoller aos e ás participantes as persoas que figuren como responsables na solicitude. No caso de que outra persoa deba facelo, deberá ser maior de idade e presentar ante o equipo monitor unha autorización asinada, xunto co DNI da persoa autorizante e da autorizada.
O listado de persoas admitidas pode consultarse en cada unha das quendas dispoñibles, nas seguintes ligazóns:
Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto coa Concellería de Igualdade.