Dous ciberexpertos alertan dos riscos na Rede durante o curso sobre "Violencia de Xénero Dixital"

Javier Soria Pastor, considerado un dos “gurús” da seguridade informática en España, ponente en numerosos congresos, participou esta mañán na segunda xornada do curso sobre “Violencia de Xénero Dixital” promovido polo Concello de Porriño que se desenrola no centro Cultural Municipal. Inscribironse 25 persoas entre axentes de Forzas e Corpos de Seguridade e profesionais que interveñen na investigación destes feitos e na atención das víctimas.

Soria, que traballa como

enxeñeiro informático para a empresa “Telefónica”, está a falar da seguridade

dos teléfonos móbiles. Na súa exposición recalcou unha idea que repite tanto en

conferencias coma nas entrevistas que lle fan: “a sociedade é cada vez máis

vulnerable ós ciberataques a través da Rede. Hoxe en día pódese hackear ata

unha neveira ou unha lavadora”.

Na sesión vespertina Santiago Martínez Pardo, Oficial da Policía Local de Vigo, experto en ciberdelincuencia falou das evidencias dixitais no proceso penal, polo tanto da laboura da investigación policial nas redes para atopar pegadas das actuacións de ciberdelincuencia e do papel do perito xudicial informático á hora de informar ó xuiz.