A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numeroso público asistente anoite a proxección celebrada no Circulo Recreativo e Cultural de Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación “As Mulleres fan Porriño” en torno ó 8M, Día Internacional da Muller.
Previamente á proxección, Carmela Silva, presidenta da
Deputación Provincial que asistiu ó acto tomou a palabra para honrar a Mabel
Lozano “polo seu compromiso coas mulleres, en suma co 52% da poboación”. A
máxima responsable da institución provincial manifestou como “cargo público que
son, opoñome á posible legalización da prostitución, por certo o tercer negocio
que máis cartos xenera no mundo detrás do narcotráfico e a venda de armas”,
engadiu.
A alcaldesa Eva García, quen actuou como anfitriona neste
postreiro acto da campaña “As Mulleres fan Porriño”, suscribiu as palabras da
presidenta da Deputación e lembrou o acontecido o pasado venres 8M. Recordou
que unha das intervintes no acto institucional ante o Concello, refiriuse a
existencia de “puticlubes” no entorno de Porriño. Esa veciña dixo que “alomenos
a metade dos homes de Porriño colaboran coa escravitude dos puticlubes”. A
alcaldesa sinalou que a afirmación desa veciña “non ten base científica” pero
resulta evidente que a presenza deses locais indica que hai demanda”, precisou
Eva García quen invitou ós homes a “non apoiar coa sua asistencia a eses locais
a cosificación e humillación desas mulleres”.
Nesa mesma liña Mabel Lozano, quen intervinou ó final do visionado da
película, aportou un dato oficial do Goberno de España: “estad´siticamente está
confirmado que o 40% dos homes, es decir ocho millons e medio de españois,
consumen sexo de pago”. Polo que Mabel Lozano apelou ó 60% restante dos homes a
“ser proactivos en contra da trata de mulleres e a prostitución”.