O Concello do Porriño ultima coa Deputación de Pontevedra o proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-2401, que une nucleo urbano do Porriño con Mosende. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde do Porriño e tamén deputado provincial, Alejandro Lorenzo, para incorporar as demandas do goberno local ao proxecto que vai redactar o servizo provincial de Infraestruturas.
O Consorcio de Augas do Louro –conformado polos concellos do Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas- dá un impulso definitivo á modernización e dixitalización das súas infraestruturas. O presidente, Alejandro Lorenzo, informou hoxe de que o proxecto presentado pola entidade supramunicipal recibirá 4.719.912,04 euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE, de acordo coa resolución provisional publicada polo MITECO. A proposta do Consorcio foi a mellor puntuada de Galicia e tamén se posicionou entre as mellores a nivel nacional, obtendo un respaldo económico que permitirá realizar importantes melloras.
O Concello do Porriño informa dun corte na rede de abastecemento de auga situada nas rúas Cando e Leandro Diz para realizar a reparación dunha avería. O servizo verase interrompido durante dúas horas.
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, informa de que esta semana darán comezo os traballos de descontaminación do lindano no Contrasto, en Torneiros. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comezará este xoves coa preparación do terreo para a posterior excavación e extracción do residuo.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitaron esta mañá as escolas infantís Galiña Azul do municipio: Torneiros e Doantes de Sangue. En ambos centros, aproveitáronse as vacacións de verán para realizar obras de mellora sen interferir na súa actividade.
O Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coas parroquias publicando unha nova liña de axudas destinada ás comunidades de usuarios de auga. As traídas do municipio poderán beneficiarse destas achegas ás que se destinarán un total de 175.000 euros, sendo 95.000 euros para mantemento de instalacións. Mantense o incremento impulsado polo Concello na anterior convocatoria, cando se duplicou a partida para dispor 80.000 euros para o novo investimento.
O Concello de Porriño informa de que a próxima semana publicaranse as bases para a concesión de subvencións destinadas á instalación de sistemas de bombeo individuais en vivendas próximas á rede de saneamento. Esta pioneira liña de axudas conta cun orzamento total de 108.000 euros chegando a aportar ata 2.000 euros por beneficiario.
O Concello do Porriño está a traballar na procura de financiación supramunicipal para a acometida integral da rede de saneamento. O executivo que preside Alejandro Lorenzo estableceu como unha das súas prioridades a de dotar de saneamento todas as vivendas existentes no Concello do Porriño e a tal fin desenvolveu a primeira planificación local dos proxectos pendentes de execución.
O Concello do Porriño informa dos próximos cortes no subministro eléctrico que levará a cabo UDF Grupo Naturgy e que afectarán a diversas zonas do termo municipal entre os días 20 e 22 de agosto. Estes son necesarios para atender nas mellores condicións as necesidades de suministro das áreas afectadas, que implican traballos de mantenemento e desenvolvemento da rede eléctrica.
O Concello do Porriño acometerá nos próximos meses a mellora de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto vén de licitarse cun orzamento base de máis de 114.000 euros, que se financiará ao abeiro dunha achega da Xunta de Galicia e aportación municipal. Simultaneamente levarase a cabo a adaptación do sistema contraincendios do PPI-6, que requerirá unha inversión de preto de preto de 37.000 euros.
O Consorcio de Augas do Louro vén de adxudicar as obras de extensión da rede de saneamento na parroquia de Chenlo, que beneficiará a preto de 100 veciños e veciñas da parroquia.
O Concello do Porriño levará a cabo durante este verán varias actuacións de mellora nas dúas escolas infantís “A Galiña Azul do Municipio”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, explicaron que en total investiranse 30.000 euros en actuacións que mellorarán a funcionalidade de ambos centros.