Este novo departamento disporá de persoal municipal propio e centralizará todos os esforzos en dar resposta e avanzar na realización de pequenas e puntuais actuacións
A folla de ruta coa que traballa o goberno local cuantifica, a día de hoxe, en preto de 12 millóns de euros as obras pendentes de partida orzamentaria
O Porriño, 25 de agosto de 2025.- A elaboración de todos os proxectos para completar a rede de saneamento do Porriño foi o primeiro dos pasos que levou a cabo o alcalde Alejandro Lorenzo fai tres anos e medio cando accedeu ao goberno municipal. “Desde o inicio do noso mandato, as obras de saneamento foron unha prioridade absoluta e a redacción destes proxectos foi o punto de partida da nosa folla de ruta”, asegura o rexedor. Levouse a cabo un esforzo económico e organizativo sen precedentes, “dispoñíamos unicamente dun plan técnico no que non estaban delimitadas as contías de cada unha das obras a levar a cabo, de aí esa inversión de preto de 600.000 euros para elaborar cada un deses proxectos e así identificar e valorar economicamente todas e cada unha das necesidades, para consecuentemente solicitar os informes sectoriais precisos e tramitar as autorizacións dos veciños pola cesión dos terreos, non deixando ningún detalle atrás”.
Neste tres anos e medio de goberno “realizouse unha inversión histórica en materia de saneamento, cun total de 4.654.806 euros en obras, o que representa un verdadeiro avance se o comparamos co período previo, de 2015 a 2021, no que se investiron 1,9 millóns”, remarca o alcalde. As cifras falan por si soas, dende o ano 2022 executáronse unha vintena de obras; actualmente están outras dúas en execución, unha na Gulpilleira e outra na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, que suman un importe de preto de 400.000 euros e están pendentes de licitación actuacións por valor de máis de 1,1 millón euros.
“Traballamos a diario para avanzar na nosa folla de ruta. Somos plenamente conscientes de que o saneamento é unha prioridade para moitos dos nosos veciños e veciñas, pero tamén debemos lembrar que se trata dun servizo cunha altísima complexidade técnica e cun custo económico moi elevado”. Por este motivo, a súa execución ten que facerse de maneira progresiva, segundo a dispoñibilidade orzamentaria. “O Concello non conta cunha partida económica nin cos medios suficientes para asumir en solitario o financiamento destas infraestruturas, polo que é imprescindible buscar colaboración noutras administracións, como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra ou o Consorcio Augas do Louro. Gracias a ese apoio e ao esforzo do equipo de goberno temos conseguido mobilizar investimentos históricos nestes últimos anos e seguiremos traballando con rigor e responsabilidade para dar resposta ás demandas de toda a veciñanza”.
Nova Concellería de Saneamento
Para atender e centralizar todas estas necesidades, sobre todo aquelas pequenas actuacións que dan resposta a demandas particulares, dende o Concello valorouse a creación dunha concellería específica nesta materia. Con todos os proxectos xa redactados, obras realizadas, en execución e pendentes de licitación, súmase a próxima incorporación de sete operarios de obras e servizos, incluídos no cadro de persoal do Concello. “Disporemos de traballadores municipais que dependerán desta nova concellería para, sobre todo, facer estas acometidas pequenas e puntuais e ir completando así toda a rede de saneamento, combinando grandes e pequenas obras”.
A día de hoxe, partindo dos máis de 16 millóns pendentes inicialmente, tendo en conta a actualización de prezos, o xa executado, o que se está a realizar e máis o pendente de licitar, a cifra total de inversión que resta para acadar o cen por cen do saneamento elévase a 11.899.632,68 euros.
“Este goberno local ten claro que o acceso a un saneamento digno é un dereito fundamental, non unha opción. Por iso, investiranse eses case 12 millóns de euros que aínda son necesarios para completar a cobertura en todas as parroquias. Con máis medios propios, un equipo reforzado e unha colaboración activa coas administracións supramunicipais, o Concello está decidido a cumprir este obxectivo con determinación e sen demoras. O saneamento completo é un compromiso firme, innegociable e prioritario”, conclúe Alejandro Lorenzo.
A continuación especifícase cada un dos proxectos de saneamento pendentes de partida orzamentaria en tódalas parroquias e o seu custo
Denominación
Coste
PROXECTO DE SANEAMENTO EN OS EIDOS-CANS
128.304,07 €
SANEAMENTO EN A DEVESA - FOLÓN
612.174,38 €
SANEAMENTO EN A SÉ E QUINTENLA
779.427,74 €
SANEAMENTO EN CENTEÁNS
688.636,14 €
SANEAMENTO EN LOÑO - CASAL DO VELLO
415.105,43 €
SANEAMENTO EN BARBEITO, MADORRAS - IGLESIA, MOSENDE
612.474,12 €
SANEAMENTO EN A TORRE E OS EIDOS
458.720,52 €
SANEAMENTO EN PONTENOVA
40.136,86 €
SANEAMENTO EN A CANTOÑA - POUSADELA
559.891,36 €
SANEAMENTO EN TRAPA - FASE 2
141.695,50 €
SANEAMENTO EN A GULPILLEIRA
105.833,13 €
SANEAMENTO EN OS EIDOS, O POMBAL E A ESCUSA
473.763,47 €
SANEAMENTO EN O POMARIÑO
78.556,19 €
SANEAMENTO EN O SARAMAGAL
212.900,00 €
SANEAMENTO EN A COCHILRA - CADAVAL
145.272,58 €
SANEAMENTO EN O MONTE
433.992,06 €
SANEAMENTO EN A LOURIÑA
197.332,50 €
SANEAMENTO EN SANGUÍO
334.645,27 €
SANEAMENTO EN POXEIRA
193.759,67 €
SANEAMENTO EN ACCESO A SAN BLAS
421.231,75 €
SANEAMENTO EN O CASAL - FASE 2
130.629,35 €
SANEAMENTO EN CANADELO - FILGUEIRAS
502.822,13 €
SANEAMENTO EN MADORRAS-CAVADIÑA
398.913,42 €
SANEAMENTO EN O CAEIRO
471.903,45 €
SANEAMENTO AS ABAS - PORTO DE EIRAS
320.564,16 €
SANEAMENTO EN ATIOS-PONTELLAS E MOSENDE
196.182,49 €
SANEAMENTO EN FONTELIÑO
45.639,95 €
SANEAMENTO EN CARBÓN - RIAL
473.575,11 €
SANEAMENTO EN SAN ROQUE - A AREEIRA
21.611,35 €
SANEAMENTO CAMIÑO MIRAFLORES E ASFALTADOS
120.009,65 €
PROXECTO DE SANEAMENTO EN A GRAÑA E SEQUEIRAS
742.300,60 €
SANEAMENTO EN PENEDO - O TOXAL. CHENLO
505.136,17 €
SANEAMENTO EN BENUNES
538.529,12 €
SANEAMENTO EN REGA DA LAMA
62.658,93 €
SANEAMENTO EN ABELENDA E FIGUEIRAS
120.140,31 €
TOTAL
11.899.632,68 €