A Alcaldesa de Porriño, Eva García solicitará a David
Regades, delegado da Zona Franca unha reunión para abordar o proxecto de
“Cidade do Transporte” que o Consorcio decidiu instalar no noso termo
municipal. A petición desa entrevista é un dos temas tratados hoxe pola
alcaldesa con Indalecio Cuevas, presidente da directiva da asociación
empresarial Entidade Urbanística de Conservación Polígono de A Granxa.
Concello e representación patronal agardan coñecer as
últimas novas sobre o estudo de alternativas de localización da Cidade do
Transporte que precisaría ó redor de 100.000 metros cadrados e proximidade ás
principais vías de comunicación que conectan Porriño con Vigo para poder
aparcar de 200 a 500 camions diarios. A instalación que estaría vixíada
contaría ademáis con habitacions, vestiarios, restaurante, suministro de
combustible e taller de reparacions.
O dirixente empresarial e maila alcaldesa repasaron no
encontro celebrado na casa consistorial porriñesa outras demandas pendentes
coma a implantación de transporte público para atender ós milleiros de personas
que traballan nos polígonos industriais de Porriño ou a necesidade de dotar a
ese espazo dunha gardería infantil.
No que atinxe ó transporte, Eva García sinalou que o
Concello “respalda dende hai tempo esa demanda dos empresarios radicados nos
polígonos”. Estimase que diariamente unha poboación flotante de 35.000 persoas
acuden a traballar ós polígonos de O Porriño e carecen dunha opción de
transporte público en autobús, segundo trasladaron tanto Indalecio Cuevas coma
Eva García.
Con respecto a petición dunha gardería infantil, a alcaldesa lembrou que
o Concello xa cedeu unha parcela á entidade empresarial. Non obstante Concello
e empresarios van estudar outras posibilidades para poder acometerla e dar
servizo ás familias de traballadores dos polígonos porriñeses.