Control-de-la-Policia-Local-de-Porrino.jpg
Policía Local e Protección Civil traballan nos preparativos do 54º Rallye Rías Baixas
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de O Porriño encargarase a partir das nove da noite de hoxe de avisar aos establecementos de hostalería da rúa peonil para que recollan as súas terrazas, a fin de facilitar o valado e sinalización do recinto que acollerá mañá sábado a comitiva de participantes na 54ª edición do Rallye Rías Baixas.Os voluntarios da agrupación que dirixe Suso Gónzalez "Carrola", deixarán sinalizado esta noite o recinto que mañá sábado recibirá os tres reagrupamentos de vehículos participantes que están previstos en tres quendas horarias: 11,28 a 11:58; 15,40 a 16:10; e finalmente de 18:54 a 19:09. A Policía Local, pola súa banda, restrinxirá o tráfico pola rúa Pío XII e prohibirá o estacionamento de vehículos para garantir o acceso dos participantes ao recinto dos reagrupamentos. E xunto con Protección Civil realizarán labores de vixilancia e seguridade no transcurso dos tramos cronometrados que durante a mañá e a tarde do sábado terán lugar polo termo municipal porriñés.Finalmente Protección Civil tamén colaborará coa dotación do Parque Comarcal de Bombeiros do Porriño en previsión de calquera accidente no que fose necesaria a súa intervención. O evento automobilístico ten ao Concello do Porriño como unha das institucións que máis anos leva colaborando coa proba, tanto de xeito económico como na loxística.
Badenes-2.png
Proxectase instalar lombos e pasos de peóns sobreelevados na estrada provincial 2401, entre Porriño e Mosende
O Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra fixo chegar ao Concello do Porriño as actuacións previstas no "III Plan Móvese" para aumentar a seguridade viaria nas estradas provinciais que, no que atinxe a este municipio, proxectan instalar "lombos" e pasos de peóns sobreelevados, na E.P. 2401. Concretamente nun treito de 5 quilómetros entre O Porriño e Mosende, proxéctanse 5 redutores físicos de velocidade (lombos) e 8 pasos de peóns sobreelevados.
IMG_0248.jpg
Rematado o acondicionamento da rotonda de Antonio Palacios, sen custe para o erario municipal
A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, que dirixe Pedro Pereira, comunica o remate dos traballos realizados estes días na rotonda de confluencia de Antonio Palacios coa rúa Domingo Bueno e a avenida de Galicia.
IMG_0229.jpg
O Concello vende os 23 vehículos municipais en desuso por preto de 8.700€ na segunda poxa
O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal. A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 euros) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. O monto total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 euros (impostos incluidos).
hoguera-de-san-juan.jpg
Un bando da Alcaldía lembra aos particulares a obrigatoriedade de solicitar autorización ao Concello para facer, nas súas fincas, fogueiras de San Xoán
O Concello do Porriño informa de que hai un prazo ata as 00:00 horas do mércores 23 para que os particulares interesados ​​en facer fogueiras nas súas fincas, na véspera de San Xoán, presenten as súas correspondentes solicitudes para acadar autorización municipal.Un bando da Alcaldía lembra as obrigas que deberán observar os solicitantes no que atinxe á montaxe, materiais e localización das fogueiras nos terreos de propiedade privada onde van facerse. Tamén o bando subliña que os solicitantes deben cumprir as normas de prevención contra Covid en propiedades privadas, como a distancia social e o uso dunha máscara, e que se respecte o número de 15 persoas reunidas ao aire libre e 6 se están en interiores.
PHOTO-2021-06-16-11-46-27-1.jpg
Protección Civil do Porriño atendeu os tres accidentes de tráfico con camións ocorridos nas últimas horas
A Agrupación de Protección Civil do Porriño atendeu os tres accidentes de tráfico con catro camións e outros vehículos implicados que ocorreron nas últimas horas en tres puntos do termo municipal. Un deles foi na Autovía A-55 pola saída dun camión que impacto contra a mediana.
IMG_9562.jpg
Doazón de milleiros de máscaras e luvas feita pola empresa "Dis Rivas" que o Concello distribuirá entre a hostalería e usuarios de Servizos Sociais
A empresa "Distribucións Rivas" fixo entrega hoxe ao Concello do Porriño dunha doazón de 33.600 máscaras cirúrxicas e 270.000 unidades de luvas desbotables. O material de protección doado por "Dis Rivas" será repartido, a través da Policía Local entre os establecementos de hostalería e usuarios de Servizos Sociais e do Banco de Alimentos "SOS Porriño".
PHOTO-2021-05-27-10-52-12.jpg
Dous axentes da Policía Local evitaron un suicidio desde unha ponte no polígono das Gándaras
Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A55 co polígono das Gándaras. Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrada pola parte exterior da varanda da ponte, "con claras intencións de arroxarse cara a vía do tren", segundo sinala o atestado. Cando a patrulla policial chegou atoparon esa situación e tamén a un grupo de persoas que, a unha distancia prudencial, intentaban convencelo para que non se tirara. Nese intre circulaba un tren por debaixo da ponte. Os dous axentes actuaron con rapidez e destreza. Mentes un deles empezou a falar coa persoa que pretendía tirarse, o outro policía agarrouno polos brazos e o pescozo para evitar que se lanzase e puideron retiralo da zona de perigo ata que chegou unha ambulancia e tralasdouno ata o Centro de Saúde. A persoa protagonista desta tentativa de suicidio identificouse como un veciño de Salceda de Caselas, de 47 anos.
IMG_9340.jpg
A concelleira de Seguridade deu a benvida aos novos voluntarios que realizaran prácticas na Agrupación de Protección Civil do Porriño
Seis voluntarias e voluntarios que realizaran as súas prácticas de formación en atención de emerxencias, comezarán mañá mércores na Agrupación de Protección Civil do Porriño, ás ordes de Suso Gónzalez "Carrola", responsable da unidade.
cartel-challenge-rias-baixas-2021.jpg
A Policía Local avisa de cortes de tráfico e solicita a retirada de vehículos estacionados nas rúas afectadas polo paso da "Challenge Rías Baixas" de ciclismo.
A Policía Local do Porriño informa á veciñanza de que esta vindeira fin de semana, haberá cortes de tráfico e restricións para estacionamento de vehículos coa ocasión de celebrarse a "V Challenge Rías Baixas" de ciclismo que discorrerá por Porriño e outras poboacións da contorna.
foto-historica-Cunqueiro-ex-jefe-Policia-Local.jpg
O Concello amosa a súa condolencia polo falecemento de Alvaro Cunqueiro que fora xefe da Policía Local
A alcaldesa, Eva Garcia; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez acudiron esta mañá ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello do Porriño pola perda de Alvaro Cunqueiro, falecido onte aos 78 anos. Tamén esta tarde, unha delegación municipal acudirá ao funeral que se celebrará na igrexa de Santa María do Viso (18 horas). 
Paso-a-nivel-O-Porrino.jpg
Adif comunica que debe retomar os traballos de mantemento que afectarán ao tráfico na área do paso a nivel
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) comunicou ao Concello do Porriño que hoxe o luns 22, debe retomar os traballos de mellora na área ferroviaria que motivará a repetir os recortes e desvíos do tráfico de vehículos na contorna.As restricións serán entre as 23 horas desta noite e as 6 horas da mañá do martes 23.