340826161_157075413958173_4132195654183174093_n.jpg
O Concello do Porriño distribúe desfibriladores nas parroquias
O Concello do Porriño fixo entrega de dez equipos DESA a asociacións veciñais e clubs deportivos do municipio que se distribuirán en todas as parroquias.
CaminoSantiagoPoliciaLocal.jpg
A XIV promoción de Policías Locais da AGASP inicia o Camiño no Porriño
Máis dun centenar de axentes da Policía Local iniciaron hoxe o Camiño de Santiago dende  O Porriño. Trátase dos alumnos e alumnas da décimo cuarta promoción de Policías Locais da Academia Galega de Seguridade Pública que, acompañados por profesores e a Xefa de Estudos da AGASP, Mónica Castro, completan o seu plan formativo con esta actividade.
315471975_503823621777209_3296570679160422208_n.jpg
Axentes da Policía Local do Porriño salvan a vida dunha bebé que non podía respirar
Momentos de tensión os vividos onte na xefatura da Policía Local do Porriño. Eran as 22h os pais dunha pequena de preto de dous anos de idade chegaban con ela en brazos ás dependencias policiais xa que non podía respirar.
PoliciaLocal.jpg
Un veciño mostra o seu agradecemento a dous axentes da policía local por salvarlle a vida
Axentes da Policía do Porriño recibiron hoxe o emocionado agradecemento de Jesús Pérez, un cidadán ao que atenderon o pasado mes de xullo cando sufríu unha parada cardiorrespiratoria na vía pública.
Paso-a-nivel-O-Porrino.jpg
A Policía Local informa de cortes de tráfico no paso a nivel
A Policía Local do Porriño informou hoxe de cortes de tráfico na contorna do paso a nivel polas obras que o ADIF acometerá na liña férrea.
306151725_452270196932552_5430815649706630301_n.jpg
A fin de semana sáldase con catro detidos no Porriño
A Policía Local do Porriño informou da detención de catro persoas esta fin de semana.
JavierRodriguezXogosOlimpicos.jpg
O policía local do Porriño, Javier Rodríguez, proclámase campión do mundo en Rotterdam
Javier Rodríguez, axente da Policía Local do Porriño, proclamouse esta fin de semana campión do mundo en ciclismo nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, que se disputaron na cidade holandesa de Rotterdam.
DetencionPorrino.jpg
Liberada unha muller que foi retida 6 días nun piso do Porriño
Axentes da Policía Local do Porriño e do posto principal da Garda Civil do Porriño liberaron onte a muller que levaba retida contra a súa vontade seis días nunha céntrica vivenda do Porriño e detiveron ao presunto responsable dos feitos, M.F.R de 26 anos de idade e veciño da vila, por senllos delitos de Detención ilegal e Agresión sexual e lesións.
PoliciaLocal2.jpg
Dous axentes da Policía Local salvan a vida dun home que entrou en parada cardiorrespiratoria
Dous axentes da Policía Local do Porriño salvaron a vida dun varón de 80 anos, veciño do Porriño, que entrou en parada cardiorrespiratoria na tarde de onte.
CortesTraficoCentroSaude.jpg
Cortes de tráfico polas obras de ampliación do centro de saúde
A Policía Local do Porriño procederá mañá ao corte das rúas Enrique Peinador e Tranvía, para poder proceder á execución dos traballos necesarios para a reestructuración da rede de saneamento no marco das obras de Ampliación e Reforma do Centro de Saúde do Porriño.
coches-Policia-Local-Porrino.jpg
A Policía Local detén a un home en busca e captura
A Policía Local do Porriño detivo na tarde de onte a un home que levaba varios meses fuxido da xustiza española. O detido, A.A.G.R., de 36 anos de idade, asentárase en Portugal para eludir as responsabilidades penais que pesaban contra el pola comisión de diferentes delitos.
DetidoPrazaAbastos.jpg
Detido o presunto autor de varios roubos no Porriño
Un operativo conxunto de Garda Civil e Policía Local do Porriño culminou hoxe coa detención do presunto autor de varios roubos con forza no centro urbano.