Dúas personas resultaron feridas pola caída dun vehículo desde un viaducto da A-55 á vía do tren. O suceso aconteceu ás 19,05 nos accesos a Autovía e ó Polígono de As Gandaras. Patrullas da Polícia Local de O Porriño e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron a atender o sinistro.
O goberno municipal de Porriño cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar ós pagos de case que 1,7 millóns.
A Xefatura da Policía Local que coordina o curso “Conduce con xeito” anunciou o aprazamento da cuarta quenda que debería celebrarse este vindeiro sábado día 2, ante a previsión de mal tempo que hai.
Eva García de la Torre tratou cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta. A alcaldesa, acompañada do inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez reuniuse con Indalecio Cuevas, presidente e David Sobral, xerente da Entidade de Urbanística de Conservación “A Granxa” e co director xeral da fundación “CTAG”, Luis Moreno.
Hoxe rematou o curso que toda a plantilla da Policía Local de O Porriño ten recibido nestes días para mellorar os seus coñecementos en primeiros auxilios, O curso foi impartido por persoal de 061.
Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ó Concello do tramo da N-120 ó seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.
A Alcaldesa valorou como “boa e ilusionante” a alternativa que a Xunta de Galicia está a prantexar para resolver o problema de tráfico e seguridade vial no barrio de A Vaquería en Budiño. Eva García reuniuse hoxe cunha representación veciñal para comentar a proposta de variante da estrada PO-510 que a Xunta trasladou onte a veciñanza. Segundo esa proposta a Xunta pretende resolver o problema mediante un vial que conecte a PO-10 coa Autovía A-55 sobrevoando o polígono industrial de A Granxa.
O Concello do Porriño está a elaborar o expediente para vender os 26 vehículos que formaban parte do parque móbil municipal, cunha antigüidade media de 20 anos que veñen de ser retirados.
Catro pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campeóns de España en 2017, impartirán de novo as súas ensinanzas na segunda quenda do curso "Conduce con xeito" que se reanuda mañá sábado 19.Neste intre son veciñas e veciños de Porriño de máis de 40 anos que participan no curso gratuito de conducción segura, organizado polo Concello, a través da Concellería de Seguridade, e que se financia cos cartos recaudados coas multas de tráfico.O curso impartese entre as 9 da mañán e as 13,30 horas. A parte teórica, no Multiusos de Torneiros e a práctica en vehículo nun circuito habilitado no PPI-6 do Polígono Industrial de A Granxa.
Este mediodía realizouse o acto formal de entrega dos novos vehículos do parque móbil municipal ós diferentes servizos do Concello, dentro da operación de renovación que acometeu o goberno local.
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade asistirán maña sábado á primeira quenda de veciñas e veciños do concello que recibirán un curso de conducción segura, de xeito gratuito, e impartido por pilotos de rallys. Alcaldesa e concelleira entregarán diplomas acreditativos ós participantes cando rematen as clases prácticas, ó redor das 13 horas.