A concelleira de Seguridade entregou as tarxetas acreditativas das voluntarias da campaña de control da poboación felina

Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, asistida por Daniel Rodríguez, inspector xefe da Policía Local, entregou hoxe as tarxetas acreditativas ás voluntarias e voluntarios que participan na campaña de control da poboación felina que promove o Concello.  Deste xeito, existe un rexistro de control para o coñecemento da Policía Local e para cumprir o que esixe a normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, a concelleira informou de que o acordo para a esterilización da poboación felina xa se renovou por segundo ano.  Contratouse cunha clínica veterinaria local que nesta ocasión será "Lupus", á que se adxudican 3.000 euros por estes traballos.