NP-REPARACION-PASARELA-MADEIRA.jpg
O alumnado do obradoiro "O Noso Encontro co Emprego" repara as pasarelas sobre o río Louro
A mocidade que participa deste programa formativo e de emprego iniciará a vindeira semana os traballos de reforma integral das pontes de madeira
NP-CAMPO-VOLUNTARIADO-INTERNACIONAL.jpg
Mozos procedentes de toda España conviven doce días no Porriño
O alcalde Alejandro Lorenzo e o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, visitaron esta mañá aos participantes do Campo de Voluntariado Internacional Sendeiros do Louro que se aloxan nas instalacións do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
EDAR-GUILLAREI.jpg
A EDAR de Guillarei adiántase aos obxectivos europeos e acada un récord de autoconsumo enerxético
Logra cubrir o 50% do seu consumo enerxético mediante fontes renovables propias, superando o 30% establecido pola directiva europea para 2030 e moi preto do 60% marcado para 2040
NOVOS-TRABALLADORES-1.jpg
O Porriño incorpora 3 novos traballadores ao seu cadro de persoal
Trátase da contratación de tres peóns forestais a xornada completa por un período de nove meses
WhatsApp-Image-2025-07-28-at-10.03.39.jpg
O Pleno municipal dá luz verde ao estudo previo dun proxecto enerxético de 10 millóns de euros
O Porriño, 28 de xullo de 2025.– O Pleno do Concello do Porriño vén de aprobar en sesión ordinaria, cos votos a favor do goberno local e os votos en contra do PSOE e BNG, o estudo de custos dun ambicioso proxecto de eficiencia enerxética, o paso previo imprescindible para iniciar o proceso de licitación. Trátase dunha iniciativa estratéxica cun investimento estimado de preto de 10 millóns de euros, que permitirá modernizar e optimizar a xestión das instalacións eléctricas municipais ao longo dos vindeiros 20 anos.
Imagen1_.jpg
Rematan as obras de mellora en áreas de xogo e lecer en Cans, Torneiros, Mosende e Budiño
A intervención, cun orzamento total de 74.300 euros —dos cales 10.900 foron achegados con fondos propios e o resto a través do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra—, permitiu mellorar elementos de xogo, renovar pavimentos e valados, e instalar nova sinalización e equipamento.
O Concello do Porriño súmase ao plan SEVIC da Deputación para mellorar a xestión de residuos e cumprir coa normativa estatal
Durante estas visitas, facilitaranse guías informativas para resolver calquera dúbida que poidan ter os axentes económicos e sociais locais.
FHP1-1.jpg
O Concello do Porriño destina preto de 94.000 euros á renovación e mantemento dos parques infantís e áreas biosaudables
Os traballos abranguen espazos localizados nas parroquias de Cans, Torneiros, Mosende e Budiño así como a adquisición de nova maquinaria co obxectivo de reforzar o mantemento regular destas áreas.
IMG-20250424-WA0006.jpg
O Concello recibe unha subvención de máis de 113.000 euros para mellorar a recollida de residuos
As ditas actuacións contribuirán á redución dos residuos que rematan en vertedoiros, incrementando a porcentaxe de materiais reciclados e fomentando unha maior concienciación da veciñanza sobre a necesidade de coidar o medio ambiente.
FOTO-2-1.jpg
O Porriño implementa o método CES para protexer ás colonias felinas nas rúas
O Concello do Porriño vén de asinar definitivamente un protocolo de actuación co obxectivo de garantir o máximo nivel de protección e benestar dos animais, así como de promover a responsabilidade e concienciación da cidadanía na defensa e preservación das colonias felinas
FOTO-1-3.jpg
"FLI-PO MARKET": O primeiro mercado sostible chega a O Porriño
A Praza 8 de Marzo, na Avenida de Galicia, será o escenario dunha iniciativa pioneira para promover o consumo responsable durante a primeira fin de semana de maio. O Fli-Po Market, organizado polo Concello do Porriño, ofrecerá un espazo para a compra, venda e intercambio de produtos de segunda man. Ademais, contará cunha ampla programación de actividades lúdicas, música en directo e unha variada oferta gastronómica con postos de comida.
FOTO-1-1.jpg
O Porriño creará un gran corredor verde no centro da vila
O Concello do Porriño vén de presentar un novo proxecto co obxectivo de mitigar os efectos adversos do cambio climático e favorecer a adaptación da cidadanía aos novos escenarios ambientais. Son dúas as actuacións contempladas consistentes na adecuación de dous espazos públicos urbanos en zonas verdes con sombra, una delas na Avenida de Galicia e outra na rúa Ramón González, que abrangue a zona peonil do centro da vila.