NP-NOVO-APARCAMENTO-PUBLICO.jpg
O Porriño contará cun novo aparcadoiro gratuíto de máis de 3.000 metros cadrados nas inmediacións das pistas de tenis
É xa o sexto espazo destas características no centro urbano e dará servizo, sobre todo, ás persoas que acudan ao centro de saúde, polideportivo municipal, xulgados e seguridade social
IMG_6797.jpg
O alcalde Alejandro Lorenzo presenta a Axenda Urbana e Rural do Porriño no III Foro Urbano de España
O rexedor participa  na cidade da Coruña na mesa redonda “As Axendas Urbanas en Galicia” xunto con alcaldes doutras localidades, destacando aposta do Porriño por un desenvolvemento sostible e equilibrado entre o casco urbano e as parroquias, subliñando a importancia de traballar con anticipación para ter proxectos listos e optar con garantías a novas oportunidades de financiamento
NP-OBRAS-PRAZA-DE-ABASTOS.jpg
O Porriño continúa coas obras de modernización da praza de abastos garantindo a actividade comercial durante os traballos
As actuacións desenvolveranse por partes co obxectivo de manter a praza aberta, con reubicación temporal dalgúns postos de froita e peixe
NP-REUNION-PRACEIROS-INICIO-OBRAS.jpg
O Concello reúnese cos praceiros para explicarlles o calendario de traballo da nova transformación integral do mercado que suporá un investimento de 400.000 euros
Levarase a cabo unha modernización estética e funcional da praza de abastos, con melloras en iluminación, accesibilidade, servizos e novas infraestruturas, incluíndo unha redistribución dos postos de peixería e froitería, así como a instalación de taquillas térmicas e catro novas cámaras de frío
705606e6-046a-48bf-8fb1-5a49d35f289c.jpg
Música e compras nunha "Noite aberta" no Porriño
O Concello celebra o vindeiro venres, 19 de setembro, a primeira edición desta iniciativa na que 37 establecementos comerciais do centro da vila estarán abertos ata a medianoite
WhatsApp-Image-2025-09-12-at-19.44.07-2.jpg
Arranca o XXXII Merca na rúa con grandes descontos e actividades para toda a familia
A tradicional feira de oportunidades do comercio local celébrase dende hoxe e continuará mañá sábado en horario ininterrompido, de dez da mañá ata as nove da noite, cunha vintena de postos
NP-XXXII-MERCA-NA-RUA-1.jpg
Unha vintena de comercios sacan o seu stock no XXXII Merca na rúa na zona peonil do Porriño
A tradicional feira de oportunidades celébrase o venres 12 e sábado 13 ao longo de todo o día, con descontos que parten do 50% e unha morea de actividades para tódolos públicos destacando como novidade un obradoiro creativo de moda
WhatsApp-Image-2025-09-04-at-15.24.20.jpg
O Concello do Porriño presenta dous proxectos de mellora de infraestruturas e seguridade viaria nos polígonos das Gándaras e A Granxa por valor de 300.000 euros
A conselleira de Economía e Industria María Jesús Lorenzana anunciou esta mañá nun encontro con empresarios do municipio a ampliación do crédito dunha liña de axudas a través da cal se poderán executar ambos proxectos
NP-REUNION-COMERCIO.jpg
Os comerciantes do Porriño preparan dúas noites de portas abertas
A xuntanza convocada polo Concello serviu como un espazo de diálogo no que se acordou poder abrir o comercio de proximidade a noite do sábado 6 de setembro, coincidindo coa proba ciclista A Nocturna e o Negrita Music Festival, ademais do venres 19 cando terá lugar a “Noite Aberta”
NP-GALICIA-SABE-AMAR.jpg
O Porriño tamén sabe amar
Unha foodtruck desta campaña da Xunta fai parada na vila para ofrecer, de balde, unha selección de petiscos a base de peixe e mariscos das rías galegas
NP-PROXECTO-SENDA-CICLISTA.jpg
O Porriño presenta un novo proxecto que transformará a mobilidade entre o casco urbano e as parroquias
Destínase máis dun millón de euros a humanizar preto de dous quilómetros da rúa Antonio Palacios, nos que se inclúe as inmediacións dos centros educativos, o polideportivo municipal e o acceso á A-52
NP-VIVENDA-PROTEXIDA-1.jpg
O Concello do Porriño destina tres parcelas municipais para a construción de vivenda protexida
O alcalde Alejandro Lorenzo presenta as tres grandes liñas de actuación do goberno municipal para os vindeiros anos. Os terreos están localizados no centro urbano e en Torneiros e suporán a creación de 80 novos fogares