O Porriño liderou en outubro, xunto con Salceda de Caselas, a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo, como xa pasara no me de setembro. A finais do mes pasado había na vila 1.642 persoas desempregadas, unha realidade inaudita no Porriño dende hai preto dunha década.
Como adiantara o mes pasado, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, xa está en marcha o proxecto que permitirá que nenos, nenas e adolescentes dos distintos centros públicos do Porriño, poidan expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que mais lle preocupen, así como tamén achegar as propostas de solución que consideren, co compromiso de que serán tidas en conta polo Goberno Municipal.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Benestar, Igualdade e Emprego, Soledad Girón, fixo entrega este xoves na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT, do Porrriño, dos diplomas aos alumnos a alumnas que participaron nos talleres programados dende o mes de xuño.
O Punto SmartPeme do Porriño organiza este mes de novembro distintas sesións de capacitación tecnolóxica, gratuitas, que terán lugar na súa sede no Multicentro do Concello do Porriño en Torneiros.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre xunto coa concelleira de Seguirdade, Lourdes Moure, a de Igualdade e Benestar, Soledad Girón, e o concelleiro de Limpeza, Orlando Mázquez, rendeu homenaxe, “no nome da Corporación e de todas veciñas e veciños”, aos 23 voluntarios de Protección Civil e 9 axentes da Policía Local do Porriño-co seu xefe, Daniel Rodríguez, a fronte- pola súa “excepcional actuación” durante a vaga de incendios dos pasado días 14 e 15 deste mes.
A alcaldesa do Porriño participou este mércores en Ourense na xornada técnica ‘Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego’, que coincidiu coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da reforma da Lei de Minas por medio da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais en Galicia.
O CEIP Antonio Palacios do Porriño súmase á Semana Europea do Código coa celebración este xoves, día 19, de varias actividades nas que participaron as alumnas e alumnos do centro de Torneiros, unha programación que conta co apoio do Concello do Porriño, coma sinalou no propio centro a concelleira de Emprego, Benestar e Igualdade, Soledad Girón.
A alcaldesa Eva García de la Torre, e o presidente de Sogacsa, César Fernández Álvarez, asinaron este venres un convenio que permitirá que 15 persoas do Porriño que están en situación de desemprego, participen nun programa formativo, que combina instrución teórica e prácticas non laboráis, que terán coma finalidade a posibilidade de que os mesmos poidan entrar a traballar na propia empresa.
Os traballadores de Maderas Iglesias, reunidos en asemblea,amosáronse a prol de que o Concello do Porriño sexa un dos mediadores no conflito que o persoal mantén coa dirección da empresa.
20 personas que estaban na procura de emprego, poderán traballar ata xullo de 2018 e, ao mesmo tempo, adquirir unha formación coma técnicos de atención sociosanitaria en domicilio e institucións e auxiliares da construcción, no obradoiro de emprego ‘Covelo II’.
Desde a OMIX do Concello do Porriño, en colaboración ca Deputación Provincial de Pontevedra, ponse en marcha o programa ‘Deporuarte’, dirixido a mozas e mozos maiores de 12 anos.