Porriño, 3 de xullo de 2025.– Esta mañá tivo lugar na Sala de Comunicacións do Concello do Porriño a sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia para a implantación do novo Grao Básico de Peiteado e Estética no IES Ribeira do Louro. No acto participaron o Alcalde, Alejandro Lorenzo; o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González; María Eugenia Pérez Fernández, Directora Xeral de Formación Profesional; Carolina González, Concelleira de Educación do Concello do Porriño; César Pérez Ares, director territorial da CECUFP en Pontevedra; e Juana Muñoz Ibernón, Directora do IES Ribeira do Louro.
O Porriño, 30 de xuño de 2025.- O Concello do Porriño vén de publicar as bases reguladoras para a convocatoria das Becas Antonio Palacios 2025, dirixidas ao alumnado do municipio que obtivese os mellores expedientes académicos na PAU.
Unha publicación feita integramente polo alumnado, na que se recollen reflexións sobre cuestións sociais, dilemas éticos, poesía, música, entrevistas, política, psicoloxía, cultura ou cinema.
O Porriño, 19 de xuño de 2025.– O Concello do Porriño concede, por primeira vez, as Becas Antonio Palacios aos mellores expedientes académicos da PAU do noso municipio, unha iniciativa coa que se recoñece o esforzo e a excelencia do alumnado de 2º de Bacharelato que acadou as mellores cualificacións na Proba de Acceso á Universidade (PAU).
O Porriño, 12 de xuño de 2025.– O Concello do Porriño organizou esta semana unha actividade educativa innovadora dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros escolares do municipio. A iniciativa, que tivo lugar os días 10 e 12 de xuño, permitiu que 126 nenos e nenas, acompañados por 9 docentes, participasen en visitas guiadas á Escola de Motociclismo IKERIC RACING Sport Galicia, situada nun complexo de máis de 25.000 metros cadrados.
Porriño, 30 de maio de 2025.– Esta tarde tivo lugar no Concello do Porriño a presentación oficial de ACiENCiACERTA 2025, a segunda edición da Mostra de Ciencias na Rúa, que este ano medra en duración e en ambición. A praza do Concello e as rúas do centro urbano converteranse durante tres días –do mércores 4 ao venres 6 de xuño– nun espazo aberto para a ciencia, a divulgación e a participación cidadá.
135 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participaron na decoración de oito siluetas do icónico “Can Parede”, símbolo do festival, que xa se exhiben nos farois da zona durante toda a semana do evento.
O Concello do Porriño deu comezo hoxe á actividade “Bautismo de Surf”, unha iniciativa destinada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros escolares do municipio. A proposta, que terá lugar durante a primeira quincena de maio na praia de Patos, en Nigrán, busca achegar aos máis novos ao medio mariño dun xeito lúdico, seguro e educativo. Ao tempo que descubren un deporte como o surf, os participantes terán a oportunidade de aprender sobre a importancia de manter hábitos de vida saudable, valorar o traballo en equipo e tomar conciencia do respecto e coidado do entorno natural.
• “Ondas Creativas” achega aos escolares do Porriño ao mundo da radio e do podcast, fomentando a súa creatividade, a comunicación e o traballo en equipoO Porriño, 25 de abril de 2025-. O CEIP da Ribeira acolleu hoxe unha nova sesión do programa “Ondas creativas. A voz dos nenos/as do Porriño no aire”, unha iniciativa organizada pola OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño. O proxecto, dirixido ao alumnado de 5º de Educación Primaria, está a desenvolverse en distintos centros educativos da vila e continuará nas próximas semanas.O programa ten como obxectivo achegar os nenos e nenas ao mundo da radio e do podcasting, ofrecéndolles unha experiencia educativa innovadora, na que poden aprender a producir contidos sonoros, traballar en equipo e mellorar as súas habilidades de comunicación.Durante a súa visita ao CEIP da Ribeira, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou “a importancia de promover actividades que fomenten a creatividade e o espírito crítico dos máis novos. Queremos que a nosa mocidade aprenda a expresarse e a comunicar dun xeito claro e efectivo, e iniciativas como esta son fundamentais para conseguilo”.Pola súa parte, a concelleira de Educación, Carolina González, salientou que “a través desta iniciativa, pretendemos ofrecerlles aos mozos e mozas unha experiencia única que lles permita descubrir o fascinante mundo da radio e do podcast, consolidando a súa formación de maneira divertida e significativa”.Os obradoiros, que continúan a súa programación nas vindeiras semanas, culminarán o 9 de xuño, e contan coa participación de profesionais do sector que guían aos estudantes no proceso de creación dos seus propios programas. A actividade fomenta non só o desenvolvemento da expresión oral e escrita, senón tamén o traballo colaborativo e a comprensión dos medios de comunicación como ferramentas de transformación social.Con propostas coma esta, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa educación innovadora e coa promoción do talento creativo da súa mocidade.
O Concello do Porriño organiza o vindeiro luns 21 de abril un Obradoiro Infantil de Pascua, dirixido a nenos e nenas da vila, que terá lugar na Praza Arquitecto Antonio Palacios, en horario de 17:00 a 20:00 horas. En caso de choiva, a actividade trasladarase á carpa da praza do Cristo.