230 alumnos de cinco centros educativos do Porriño e Mos comezaron hoxe a realizar as probas da ABAU repartidos entre os dous pavillóns do Polideportivo Municipal.
Hoxe están a realizarse os preparativos para que as pistas dos dous pavillóns do Polideportivo Municipal acollan as probas da Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) de alumnos de cinco centros de Porriño e Mos. Os exames comezarán o vindeiro martes 7 de xullo, a partir das 8,30 horas da mañá e continuarán o mércores e o xoves. “Debido a que o número de alumnos de Bacharelato inscritos supera os douscentos, a Universidade de Vigo solicitounos ao Concello utilizar os dous pavillóns para garantir o cumprimento dos protocolos de seguridade e prevención do Covid-19”, explicou Lourdes Moure, concelleira de Educación e Seguridade que levou as conversas coa UVI.De tal xeito que no Pavillón nº 1 realizarán as probas da ABAU os alumnos dos Institutos de Ensino Secundario de Porriño, “Ribeira do Louro” e “Pino Manso”. E no Pavillón 2 farán os seus exames os alumnos do IES de Mos e dos colexios “Lar” e “Los Sauces”.Os pupitres e cadeiras que están a instalarse como vemos nas imaxes son trasladados dende o IES “Pino Manso”. Tanto o material a empregar para a realización dos exames coma os espazos a ocupar, serán obxecto dun protocolo diario de desinfección e limpeza. Tamén a Policía Local do Porriño colaborará a diario establecendo un perímetro de seguridade nos accesos ao Polideportivo Municipal, habilitando un circuíto de entrada e saída para os vehículos que trasladen e recollan aos alumnos, segundo ten planificado o departamento que dirixe Lourdes Moure.
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
María Troncoso, directora e Laura Suárez, secretaría xeral do Centro Rexional da UNED en Pontevedra valoraron moi positivamente e ponderaron a idoneidade do local proposto polo Concello para establecer a aula delegada concedida ao Porriño.
O Polideportivo Municipal acollerá as probas da Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) de alumnos de cinco centros de Porriño e Mos que se realizarán os días 7, 8 e 9 de xullo, en aplicación dos protocolos de seguridade e prevención do Covid-19..
Nenos e nenas do Porriño que participan do Consello Municipal da Infancia elaboraron 4 pequenas pezas audiovisuais nas que contan a súa experiencia durante a corentena fronte ao Covid-19 e de cara á “nova normalidade”.
Esta mañá tivo lugar a estrea da primeira Sala de Estudo Municipal, creada polo Concello do Porriño, nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno,. nº 13. A sala de estudo funciona inicialmente cun horario de 8,30 a 14,30 horas, de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria polo COVID-19.A súa creación é unha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira. Ca súa ubicación no Centro Cívico, baleirouse á Biblioteca Municipal, separando o estudo da lectura, o que permitirá gañar espazo na Biblioteca para implementar novos servizos. Segundo explicou a concelleira, “este novo espazo vén complementar á Biblioteca Municipal, coñecida polo seu labor e sentido de pertenza tanto de porriñesas e porriñeses, como da contorna”. “Ao mesmo tempo esta separación de espazos con funcións diferenciadas, dará solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, coma que a Biblioteca Municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico”, engadiu Cami Moreira.
O vindeiro martes 9, o Concello abrirá a primeira Sala de Estudo Municipal, nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno,. nº 13. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira.
O Concello do Porriño ten actualmente en curso a licitación de máis dunha ducia de contratos que suporán un importe de preto de 3.800.000 euros que axudarán a dinamizar a economía local.
Este luns 1 de xuño, volve abrir as súas portas a Biblioteca Municipal do Porriño, despois de permanecer pechada dende que se declarou o estado de alarma. A Biblioteca funcionará de novo en horario matinal, de 10 a 15 horas, de luns a venres.“Abrimos de novo e facémolo con responsabilidade, adoptando as máximas garantías de hixiene e seguridade. É dicir: uso de máscara, xel hidro-alcólico distancia de seguridade de 2 metros, acompañamento dos menores de 14 anos e só servizo de préstamo e devolución de exemplares no mostrador de atención sen que sexa necesaria cita previa”, segundo indicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.Engadiu que o persoal da Biblioteca recomenda que para a devolución de libros “non teñades presa, evitar aglomeracións, hai prazo ata o 11 de xuño, e ademais ata mediados de mes aplicaremos unha "amnistía" xeral”, manifestou Cami Moreira. A concelleira agradece a comprensión e paciencia da veciñanza. Quen desexe máis información pode consultar a páxina web da Biblioteca: https://bibliotecadoporrino.com/
O Centro Rexional da Universidade a Distancia de Pontevedra confirmou hoxe á alcaldesa Eva Garcia, a concesión ao Porriño dun aula delegada da UNED. A comunicación ratifica a concesión que xa databa de 2018 e elimina as dúbidas que xurdiron debido a un cambio de persoas ao fronte dese Centro Rexional da UNED. Eva Garcia manifestou a súa “ledicia por esta boa nova que en realidade xa o era antes `pero que agora confirmase plenamente e sen xénero de dúbidas”. A alcaldesa lembrou que “deste xeito dáse cumprimento ao acordo plenario acadado por unanimidade pola Corporación Local en maio de 2018” cando Porriño solicitou a concesión desa aula da UNED.A instalación da aula xa está decidida. Será no local adquirido polo Concello, en escritura do 16 de abril do ano pasado, cunha superficie de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2, por un prezo de 276.342 euros.O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesourería despois de vender varias parcelas municipais. A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades educativas. A elección do local en rúa Fernández López responde a súa ubicación ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca.As obras de axeitado do local para acoller as actividades educativas deberán acadar unha dotación económica no Orzamento Municipal deste ano, cunha previsión de gasto de 200.000 € aproximadamente.Conforme ás xestións realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.
Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.