Vinte representantes de 10 centros educativos de Porriño
(dous por centro) participaron hoxe no Pleno Infantil que o Concello celebra
cada ano para promover a participación de nenos, nenas e adolescentes.
Tratábase de visibilizar a súa opinión e dereito a participar na xestión da cidade
recollendo as súas propostas, tal e como sinala a Convención sobre os Dereitos
do Neno.
Previamente a alcaldesa e a concelleira de Educación, en
compañía dos nenos e nenas representantes dos centros de ensino máis os seus
profesores e titores, acudiron ata a entrada do termo municipal pola Avenida de
Galicia onde instalouse un dos catro sinais informativos que lembran a
condición de Porriño como “Cidade Amiga da Infancia”.

A continuación, de volta na casa consistorial, a alcaldesa
deu a benvida ós representantes de cada centro. Eva García lembrou que o mérito
de esa declaración da UNICEF a favor de de Porriño que acadou o Concello e
recibiu en Oviedo hai meses, “tamén é un mérito de todos vós e da comunidade
educativa da cidade”.
Entre as propostas que os rapaces realizaron durante o Pleno
Infantil moitas delas insistiron nunha maior dotación de espazos de lecer e
para practicar deporte; demandaron carril bici e transporte público en autobús
para comunicar as parroquias e o centro urbán de Porriño. Asimesmo
representantes de varios centros coincidiron en pedir un paseo polo río Louro
xunto co saneamento do caudal e as súas marxes.

A alcaldesa Eva García agradeceu as aportacións de todos os
representantes de colexios e institutos participantes. Ó remate do pleno
infantil a alcaldesa e a concelleira de Educación, Lourdes Moure entregaron
agasallos e una placa conmemorativa a cada centro escolar participante.