Programación cultural agosto 2019: HOXE, NOITE DE BOLEROS

Este venres 30, rematará a programación cultural de agosto de 2019 do Concello de Porriño cunha noite de música latinoamericana.

A partires das 22 horas, no escenario habilitado na praza do Concello, actuará o conxunto "SonBoleros" .

É un cuarteto formado por contrabaixo, voz, piano e percusión que renden homenaxe ás mellores cancións da música latina.

No seu repertorio incluen boleros, tangos e sones.

Os catro músicos que compoñen o cuarteto son: Tony Gónzalez (percusión), Pachi Cruz (contrabaixo): Ely Morales (voz) e Cristian Leggiero (piano e dirección).