Esta tarde celebrouse a presentación do novo disco do grupo KAF!, no Centro Cultural Municipal, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas do Concello do Porriño. Cami Moreira, concelleira responsable presidiu o acto de presentación deste novo traballo musical deste grupo chamado "Cuando las palabras fallan...". No acto participaron os catro compoñentes de KAF!: Kiri Cabaleiro, batería, gaita, frauta traveseira, baixo e voz; Ana Belén Rodríguez, piano, key guitar, batería, baixo e voz; Fran Leboso; guitarra, piano, batería, armónica e voz; e Irene Anta, baixo, guitarra, piano, key guitar e voz.Tamén estivo Alex Sobrino, amais de ser o fotógrafo e deseñador da caixa de discos e embalaxes, é o escritor, director e actor de Metamorfose, unha obra teatral de ciencia ficción cuxa banda sonora foi producida por KAF!, e incluída neste disco. Neste intre Alex e KAF!, únense nun novo proxecto artístico, a realización dun vídeo-clip dirixido por Alex Sobrino, onde se conxuga o mundo escénico e o musical.Ana, Fran e Kiri son profesores da Aula de Música Pianagrama de Mos, da que Ana é hoxe a fundadora e directora. E Fran e Kiri levan case dúas décadas tocando xuntos en diferentes bandas.Estes tres artistas da música, reuníanse para acompañar ás bandas afeccionadas que ían xurdindo no seu colexio, isto vai en aumento e pronto aparecen os contratos.Para reforzar a tríade, deciden apostar pola calidade de cancións máis elaboradas, e pensan en Irene Anta para unirse á formación, unha das súas estudantes máis salientables, e así é como chega a exclamación !, formando finalmente a configuración actual, nace KAF!Ata a data, levan máis de 2 anos tocando nun momento difícil, pero agradecidos de non ter parado, grazas a montar concertos en todo tipo de escenarios (sen público para os veciños nos balcóns durante a desescalada, concertos 360o, en liña ...).O vindeiro venres 17 de setembro terá lugar un concerto ao vivo, ás 21:00h na praza de San Sebastián, no Porriño para completar a presentación deste novo traballo do grupo KAF!.