“Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio activo dirixido á
mocedade que escomenzará o vindeiro venres 15 “é un xeito de darlle máis
dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por
UNICEF” manifestou a alcaldesa na rolda de prensa celebrada hoxe no Concello
porriñés. “De xeito que queremos prestar máis atención á franxa de idade de
nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de
opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou Eva García.
A programación está organizada en dous bloques: Deportes
Urbanos e Música e Arte Urbana. Ofrécese a oportunidade ós mozos e mozas que
participen de coñecer ata 12 disciplinas diferentes coma Breakdance, Parkour,
Grafitti, Beatbox, Rap e outras, a través de diversos obradoiros distribuídos
en seis datas que serán os venres de marzo, abril e maio. En total se sumarán
20 horas de actividade. Todas elas se van desenrolar na pista deportiva do
parque infantil sito ó carón do cemiterio.
“Vive a Cultura Urbana” rematará cun festival musical que
terá lugar o 3 de maio.
Pablo Castiñeira, director de “Vella Escola”explicou que “ó
fin e ó cabo tratamos de achegar unha alternativa a outros tipos de ocio
ligados ó consumo do alcohol ou dun lecer nada constructino ni activo”.
“Vive a cultura urbana” pretende fixar hábitos saúdables
entre a mocedade; crear oportunidades profesionais que favorezan o
emprendemento xuvenil e, finalmente, permitir o libre exercicio e disfrute de
ocio como experiencia humana integral, sistema de protección social e factor de
desenvolvemento humano.
Na presentación do programa estiveron presentes tamén Lourdes Moure,
concelleira de Educación e Noelia De la Fuente Pérez, responsable da OMIX.