A Piscina Municipal pechada en agosto

Lembramos aos usuarios que a Piscina Municipal do Porriño permanece pechada desde hoxe, luns 2 de agosto e ata o martes 31. A instalación reabrirá o mércores 1 de setembro. Desde o pasado 1 de xullo, fíxose cargo da explotación da Piscina, a empresa "Soom Management" que foi a gañadora do proceso de licitación que se resolveu en marzo. Esta empresa, que actualmente leva tamén as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e subrogou ao persoal actual, de 24 traballadores, desta instalación.