O Concello do Porriño segue apostando pola promoción de hábitos de vida saUdable entre a cativada e a mocidade con múltiples iniciativas centradas na educación. No marco do Plan de Saúde Local a concellería de Sanidade e a OMIX, en colaboración co SERGAS, impulsa un ano máis o programa de “Nutrición na Escola” no que participan 400 escolares de 3º de Educación Primaria e 2ª da ESO.
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) do Porriño inaugurou xa o seu tradicional Mercado de Nadal, unha iniciativa solidaria cuxo obxectivo é recadar fondos para apoiar ás familias afectadas polo cancro. Este evento conta coa colaboración do Concello de Porriño e os comercios locais, e estará aberto ao público ata o próximo 30 de decembro, no número 68 da rúa Ramón González, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
O Porriño reivindicou hoxe un futuro onde a diversidade sexa o motor dunha sociedade xusta e inclusiva. Da man de Aceesca e secundando o movemento “Baixo o mesmo paraugas” a vila conmemorou o Día Internacional das Persoas con Diversidade.
Do 18 de novembro ao 12 de decembro de 2024, os centros educativos do Porriño acollen as primeiras xornadas “Danzando na escola”, unha iniciativa que busca ofrecer a nenos/as e mozos/as unha forma divertida e diferente de facer exercicio mentres se coidan física e emocionalmente. Esta proposta, impulsada pola Concellería de Educación e a OMIX, conta coa colaboración da escola local de baile Studio57.
Seguindo as indicacións das necesidades que detectan os Servizos Sociais do Porriño, e en cumprimento do acordado polo Pleno Infantil celebrado polo Día Mundial dos Dereitos da Infancia, o Concello do Porriño pon en marcha a terceira edición da iniciativa solidaria “A Hora de Dar”.
O Concello do Porriño materializa o seu compromiso coa inclusión social ao duplicar o apoio económico a ACEESCA, alcanzando un total de 30.000 euros neste ano. Este respaldo, o maior que se prestou a esta entidade social, formalízase a través de dous convenios de colaboración que reforzan a atención integral que ofrece a entidade nas súas distintas áreas: atención temperá, educación, centro de día, talleres ocupacionais e fomento do emprego.
O Concello de Porriño abre este martes 26 de novembro o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal, un programa de lecer e tempo libre dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Esta actividade desenvolverase en varias datas do período vacacional escolar, e está deseñada para fomentar o desenvolvemento integral dos menores a través de xogos, talleres, dinámicas de grupo e actividades deportivas.
O Concello de Porriño organiza dunha marcha solidaria baixo o lema "Forza Valencia, amunt", que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro. Esta iniciativa ten como obxectivo axudar ás persoas afectadas pola DANA que asolou a rexión de Valencia. A marcha, que é apta para todas as idades, percorrerá 4 km polo centro urbano e o paseo do Louro, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios ás 16:30 h. Terá unha duración de aproximadamente unha hora.
O Concello de Porriño puxo en marcha o seu Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca activar o maior número posible de propiedades desocupadas de titularidade privada para incorporalas ao mercado de alugueiro a prezos accesibles. Esta acción enmárcase dentro do Programa de Mobilización de Vivendas en Alugueiro, impulsado polo goberno autonómico a través do IGVS.
Esta mañá presentouse no Porriño a II Carreira de Empresas Galicia 2024 - XIII Interrunning, unha das probas únicas de Galicia e do noroeste peninsular, organizada polo Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño. Este evento deportivo, que conta con disciplinas para todas as idades e niveis, aglutinará a corredores de toda a Comunidade e norte de Portugal o domingo 6 de outubro.
As Festas do Cristo do Porriño van ser este ano máis inclusivas que nunca. Ademais das accións xa anunciadas, coma o pregón en lingua de signos, súmanse unhas mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva, prestadas polo Concello de Nigrán.