Alcaldesa-2.jpg
A alcaldesa de Porriño insta por carta á conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a crear unha mesa de traballo para retomar o plan de descontaminación do lindano
Eva García de la Torre enviou unha carta dirixida a Angeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda solicitandolle crear unha comisión técnica entre Concello de Porriño e Xunta de Galicia para retomar o plan de descontaminación do lindano. A carta tivo data de entrada na Consellería o pasado 28 de marzo e ainda non houbo resposta.
IMG_3663.jpg
Esta noite conclue a campaña de doazón de sangue en Porriño
A unidade móvil da Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) que integrou ó Centro de Transfusións de Galicia, conclue esta noite a campaña de doazóns de sangue que ó longo de tres días desenrolou entre os porriñeses.
IMG_3619.jpg
A ALCALDESA E MAILO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA ENTREGARON OS DIPLOMAS ÓS 16 PORRIÑESES QUE CURSARON O OBRADOIRO DE EMPREGO SOCIAL
Dezaseis porriñeses menores de 30 anos (doce mozas e catro mozos) concluiron hoxe a súa formación no Obradoiro de Emprego “Porriño Social” e recibiron os diplomas e títulos acreditativos da súa formación con válidez estatal. Eva García, alcaldesa de O Porriño e Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, presidiron o acto que se celebrou no salón de plenos do consistorio. Tamén asistiron Ignacio Rial, xefe territorial de Traballo, Sole Girón, concelleira de Servizos Sociais e maila directora do obradoiro.
Obradoiro-Emprego-Porriño-Social.jpg
CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO PORRIÑO SOCIAL
Dezaseis porriñeses menores de 30 anos concluirán mañan mércores a súa formación no Obradoiro de Emprego “Porriño Social” que se impartiu nos derradeiros seis meses no centro multiusos de Torneiros. Os participantes formaronse en atención sociosanitaria: oito de eles para prestar atención en institucions como centros de día; os outros oito para atención a domicilio.
PROGRAMA-CORTO-E-CAMBIO.jpg
A OMIX do Concello do Porriño inicia as actividades do programa “Corto e Cambio”
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño anuncia o desenrolo a partir de esta última semana de marzo do programa “Corto e Cambio” dirixido a prevención do consumo de alcohol, drogas e tabaco entre adolescentes. Inscribironse máis de 150 mozos e mozas porriñeses para elaborar audiovisuais para sensibilizar á mocidade. A campaña focalizarase entre o alumnado nos dous Institutos de Secundaria do Concello.
Hemodonación.jpg
Apelan á solidariedade dos porriñeses: “Doa sangue, súmate ó noso equipo”
A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) que
edar-consorcio-do-louro.jpg
22 de marzo: Día Mundial da Auga
O venres 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo, o Consorcio de Augas do Louro que actualmente preside Eva García, alcaldesa de Porriño, vai celebrar en Guillarei unha serie de actos vencellados coa data. Trátase de accions de divulgación e concienciación cidadá acerca da importancia e valor da auga.
IMG_3210.jpg
O parque infantil "A Forna" en Budiño estrea unha tirolina entre outras melloras sustanciais
O parque infantil "A Forna" en Budiño vén de estrear unha tirolina de 12 metros de lonxitude, entre outras melloras sustanciais deste espazo de lecer da veciñanza desta parroquia porriñesa. A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez inspeccionaron o resultado das obras, financiadas polo Concello de Porriño cun orzamento de 29.264 € (IVE engadido).
IMG_3266.jpg
Unha marea de mocidade porriñesa chama a frenar o cambio climático
Centos de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos "Pino Manso" e "Ribeira do Louro", reclamaron ós políticos, "sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas. Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse hoxe á xornada mundial "Fridays for future" (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraonse concentracions coma a de Porriño, en sesenta cidades ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.
IMG_3177.jpg
Porriño sumouse ós actos do Dia Mundial do Ril cunha carpa de prevención
Porriño sumouse hoxe á celebración do Día Mundial do Ril que este ano convocouse baixo o lema “Salud renal para todos en todos lados”. Cantos veciños e veciñas quixeron achegarse esta mañán á carpa habilitada na praza Arquietecto Antonio Palacios puideron obter información sobre o seu estado renal mediante os test que gratuitamente fixo o personal facultativo a e a súa posterior valoración polos especialistas presentes.
IMG_3153.jpg
Conclue o ciclo “As Mulleres fan Porriño” MABEL LOZANO INSTA ÓS HOMES A SER PROACTIVOS CONTRA A PROSTITUCION E A TRATA
A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numeroso público asistente anoite a proxección celebrada no Circulo Recreativo e Cultural de Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación “As Mulleres fan Porriño” en torno ó 8M, Día Internacional da Muller.