Publicada a listaxe de admitidos e admitidas no Campamento de Semana Santa

O vindeiro 25 de marzo comenzará o Campamento de Semana Santa para os e as máis pequenas da casa ; e como ben sendo de costume, o mesmo desenvolverase no C.E.I.P Plurilingüe Xosé Fernández López e instalacións municipais

O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do centro escolar no horario,de 8:30 a 14:00 horas. Os rapaces e rapazas deberán levar roupa cómoda : calzado cómodo e outro de reposto para poder utilizar ,no seu caso, as pistas do pavillón , unha mochila co calzado de reposto, unha merenda e auga.

No caso de precisar algunha vestimenta diferente , serán as monitores e monitores as persoas encargadas de comunicalo.

Recordade as únicas persoas autorizadas a entregar e recoller aos rapaces e rapazas do Campamento de Semana Santa serán as que instaron a solicitude.

En caso de ser outra persoa a encargada, ésta, deberá ser maior de idade e levar xunto ós monitores e monitoras a autorización correspondente, asinada con copia dos D.N.I ou N.I.E da persoa autorizante e autorizada

Listado de admitidos

Consentimento para fotografías e gravacións

Nota de Información sobre o Proceso da Secretaría Xeral da Igualdade