Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.
A través de sendas cartas enviadas hoxe, a Alcaldesa do Porriño insta ós titulares das Consellerías de Sanidade e de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a que nomeen e comuniquen os seus representantes na Comisión Especial para a Descontaminación de Lindano no Concello do Porriño.
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza comunicou que xa está aberto un novo prazo de presentación de solicitudes para aqueles veciños interesados en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares.
Once penados con condeas que non implicaban cárcere cumpriron máis de 500 xornadas de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.O Concello de O Porriño colabora co Centro de Inserción Social “Carmen Avendaño” de Vigo en facilitar o cumprimento desas condeas mediante traballo en beneficio á comunidade (coñecido polas siglas TBC) a persoas penadas por delitos leves con condeas non privativas de libertade.
A Concellería de Seguridade anuncia que este vindeiro sábado día 11 de xaneiro reanudaránse as clases de Defensa Persoal Feminina que patrocina o Concello de O Porriño e organizanse a través da Policía Local.
Facilitamos os enlaces polos que poderá seguirse a retransmisión por "streaming" (a través da Internet) da Cabalgata de Reis.Poderá seguirse, ben a través dunha canle de "Youtube" ou ben a través da web do departamento de Cultura do Concello.
O goberno municipal de O Porriño que preside Eva García de la Torre acadou desbloquear a xestión financiera do Concello e pagar proveedores entre os que hai numerosas pymes e autónomos que tiñan facturas pendentes así como a diversas empresas e suministros que tiñan sentenzas xudiciais. Realizaronse pagos por un importe de 3 millóns de euros, aboados no mes de decembro.
Panxoliñas e as rondallas de Pontellas e Atios que se situarán ó principio e ó final da comitiva, animarán musicalmente a Cabalgata de Reis do Porriño que se celebrará o vindeiro domingo 5 de xaneiro, a partires das 18 horas.
A Concellería de Cultura do Porriño entende que o mellor consello a aplicar é o "sentidiño". Ainda así quere informar destas recomendacións de seguridade para o público, particularmente para pais, nais e dmáis persoas que esteán ó cargo de nenos e nenas e que vaian a presenciar a Cabalgata de Reis.
A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar en vivo o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal que se celebrará o mércores 1 de xaneiro, a partirres das 18 horas.