O Concello do Porriño segue apostando pola promoción de hábitos de vida saUdable entre a cativada e a mocidade con múltiples iniciativas centradas na educación. No marco do Plan de Saúde Local a concellería de Sanidade e a OMIX, en colaboración co SERGAS, impulsa un ano máis o programa de “Nutrición na Escola” no que participan 400 escolares de 3º de Educación Primaria e 2ª da ESO.
A maxia do Nadal xa se sinte en cada recuncho do Porriño con propostas para pequenos e maiores. Dentro da programación preparada polo Concello para estas festas atópase o Obradoiro infantil de galletas que fará as delicias da cativada.
Hoxe tivo lugar clausura do obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica II”, un programa de formación dual impulsado polo Concello do Porriño en colaboración coa Xunta de Galicia. A iniciativa permitiu a 20 persoas desempregadas formarse en dúas áreas de alta demanda, relacionadas coa cociña e coa comunicación e economía dixital.
O Concello do Porriño deu o pistoletazo de saída a unha nova e prometedora iniciativa: os "Almorzos Pedagóxicos", reunións trimestrais entre a administración local e os/as directores/as dos centros educativos do municipio.
O Nadal está á volta da esquina e, con el, a oportunidade perfecta para apoiar o comercio local do Porriño. A campaña “O teu Nadal nos comercios do Porriño”, impulsada por CCA Morea en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, arrinca o 5 de decembro e estenderase ata o 10 de xaneiro, ofrecendo aos consumidores un atractivo adicional para as súas compras do Nadal.
O Porriño prepárase para vivir un Nadal cheo de actividades e eventos ofrecendo a veciños e visitantes un mes de propostas para gozar destas datas tan especiais. Desde o 7 de decembro ata mediados de xaneiro, a localidade converterase nun vibrante centro de tradición, cultura, solidariedade e entretemento para todos os públicos.
Esta fin de semana, a cidade de Sevilla converteuse no epicentro da barbaría profesional coa celebración dos prestixiosos Premios SOYBARBUDO, un dos certames máis esperados e recoñecidos neste ámbito. Nesta edición, a barbaría porriñesa BlackBird Barber Concept destacou con forza e fíxose con tres estrelas no circuíto SOYBARBUDO, un recoñecemento que, no mundo da barbaría, equivale ás famosas estrelas Michelin na gastronomía. Este galardón tan exclusivo outórgase tras unha rigorosa auditoría de calidade que inclúe un cliente infiltrado, garantindo que só os mellores leven esta honra.
O Porriño reivindicou hoxe un futuro onde a diversidade sexa o motor dunha sociedade xusta e inclusiva. Da man de Aceesca e secundando o movemento “Baixo o mesmo paraugas” a vila conmemorou o Día Internacional das Persoas con Diversidade.
Esta fin de semana, o boxeo galego celebrou un novo éxito para O Porriño, con Yago Fernández que se coroou Campión galego de boxeo promesas na categoría de -71 kg, no Campionato Galego que tivo lugar en Cambados. O boxeador, quen dedicou un ano enteiro a adestrar de maneira seria, logrou unha vitoria contundente na final deste torneo, que o catapulta como unha das promesas máis prometedoras da rexión.
O escritor porriñés Diego Giráldez acaba de conquistar un dos premios literarios máis importantes de Galicia. No XLIII Premio de Novela Eduardo Blanco Amor, Giráldez proclamouse vencedor ca súa novela “As obras póstumas”, un relato que explora, de maneira profunda e conmovedora, as inquietudes dunha escritora ante o diagnóstico de demencia.