Este vindeiro sábado 5 de xuño terá lugar a segunda das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés.
A alcaldesa Eva Garcia comprobou hoxe o resultado das obras de arranxo das pistas de tenis do Polideportivo Municipal. A rexedora compartiu a visita co concelleiro de Deportes, David Alonso e co presidente do Club de Tenis Porriño, Agustín Doval.
Eva Garcia acudiu este mediodía ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) onde fora citada para recibir a segunda dose da vacina contra a Covid-19. A alcaldesa do Porriño recibiu o preparado de "Pfizer", como da primeira quenda e deste xeito completou a pauta completa.
Eva Garcia de la Torre visitou na capital do Estado, xunto con responsables de Metro de Madrid e da empresa porriñesa “Godoy Maceira”, a réplica do Templete de San Luis que está a construírse, de novo, no seu antigo emprazamento, na estación de Metro de Gran Vía.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Patrimonio e Urbanismo dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, anuncia que chegou a un acordo para a compra de aproximadamente 20.000 metros cadrados de terreos na contorna do río Louro.
O ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e “Prointec” para determinar as características do chan. Coas conclusións dos traballos de sondaxes, acometerán a redacción do proxecto de construción coa alternativa que os técnicos elixan para soterrar a vía férrea e poñer en valor os terreos que se liberaran coa supresión do paso a nivel. Segundo o contrato que ADIF subscribiu con esas empresas, dispoñen dun prazo de 16 meses para entregar o proxecto, prazo que comezou a contar en novembro do ano pasado.
Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A55 co polígono das Gándaras. Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrada pola parte exterior da varanda da ponte, "con claras intencións de arroxarse cara a vía do tren", segundo sinala o atestado. Cando a patrulla policial chegou atoparon esa situación e tamén a un grupo de persoas que, a unha distancia prudencial, intentaban convencelo para que non se tirara. Nese intre circulaba un tren por debaixo da ponte. Os dous axentes actuaron con rapidez e destreza. Mentes un deles empezou a falar coa persoa que pretendía tirarse, o outro policía agarrouno polos brazos e o pescozo para evitar que se lanzase e puideron retiralo da zona de perigo ata que chegou unha ambulancia e tralasdouno ata o Centro de Saúde. A persoa protagonista desta tentativa de suicidio identificouse como un veciño de Salceda de Caselas, de 47 anos.
Eva García de la Torre viaxará o xoves a Madrid para manter unha reunión de traballo con responsables do “ADIF” (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) a fin de coñecer de preto como están as xestións que realiza este organismo para acadar fondos para suprimir o paso a nivel do centro urbano do Porriño
A aprobación definitiva do contrato coa empresa "Soom Management", nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán no pleno municipal ordinario que celebrará esta tarde a corporación local, a partir das 18 horas.
Eva García, alcaldesa do Porriño firmou este mediodía con Enrique Mastral, director xeral da empresa "Massilly Ibérica Iberembal", a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal.
A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou a causa xudicial emprendida por Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do Partido Popular por suposta prevaricación administrativa contra a alcaldesa e o goberno municipal do Porriño. O feito denunciado foi a compra dos locais a “Promocións Guanabara” que realizou o Concello do Porriño para acomodar unha aula asocíada da UNED e outros servizos municipais.
O vindeiro pleno da corporación municipal do Porriño celebrarase o mércores 26 (18 horas) e volverá a ser público. Coa ocasión das restricións de aforamento e dado que o salón de plenos ten capacidade para 32 persoas, tan só se permitirán 10 persoas como público. As veciñas e veciños interesados en asistir deberán rexistrar a súa petición a través da aplicación “BandoMóvil O Porriño Informa”. Por estrito orde de chegada e ata esgotar a cota. No caso de non ter a aplicación, pódese descargar en "Google Play" ou na "App Store". E tamén é posible comunicar a través do email, dende a a web https://www.bandomovil.com/porrino