Dende o Concello do Porriño manifestamos a nosa máis enérxica condena á agresión sexual acontecida na madrugada do martes nas festas de Pontellas e o noso total apoio e solidariedade coa vítima e a súa familia, poñendo a súa disposición os recursos de apoio psicolóxico e protección que requira. A vítima interpuxo onte a denuncia ante a Garda Civil que investiga os feitos para dar cos agresores.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo co alcalde, Alejandro Lorenzo, e parte do equipo de goberno do Porriño.
O Concello do Porriño está a executar a mellora da accesibilidade e adecuación dos dous pavillóns do polideportivo municipal para garantizar a accesibilidade nas principais instalacións deportivas do municipio.
O Concello do Porriño vén de incorporar ao seu cadro de persoal a catro novos traballadores que reforzarán as áreas de emprego e formación, atención ao cidadán e administración xeral.Todos eles son mozos e mozas que remataron os seus estudos hai menos de tres anos e que se atopaban en situación de desemprego.
O pleno do Concello do Porriño aprobou esta mañá, co voto favorable do equipo de goberno, o Orzamento Municipal para o que resta de exercicio 2023 que ascende a 19 M de euros, o que supón un incremento do 36,23% respecto ao anterior e o posiciona como o máis ambicioso da historia do municipio.
O Concello do Porriño instalou hoxe unha nova cabina telefónica na céntrica para de taxis da rúa Estación que permita atender en condicións as chamadas dos usuarios deste servizo.
Voluntarias da delegación da Asociación Española Contra o Cancro no Porriño mantiveron unha reunión co alcalde, Alejandro Lorenzo, co obxectivo de trasladarlle a actividade que a asociación leva a cabo no municipio e establecer novos lazos de colaboración entre ambas entidades.
A Escola Municipal de Música do Porriño abriu o prazo de inscrición previa de novo alumnado para o curso 2023/24. Así, poderase solicitar praza ata o 19 de xullo de modo presencial, no Rexistro Xeral do Concello do Porriño, ou ben de modo telemático, a través da Sede Electrónica. A folla de solicitude, que se debe entregar cuberta, pode descargarse da web municipal ou ben recollela no Centro Cultural, de 9 a 14 h.
O deporte volverá ocupar este verán a praza Arquitecto Antonio Palacios. Co fin de promover a actividade física e dar unha alternativa de ocio saudable á veciñanza, profesionais cualificados impartirán clases de Zumba e Pilates para quen queira gozar do fresquiño da última hora dos días de verán facendo deporte.