O Goberno local ven de rematar o arranxo de varios parques infantís da vila, que en moitos casos “non se tocaran en anos”, e que xa están en funcionamento ou, coma o caso do parque da Praza do Cristo, poderán usarse dende esta mesma semana, logo de facer importantes melloras en todos eles.
A xunta de portavoces do Concello do Porriño, reunida o pasado mércores 14, acordou facer un chamamento ás veciñas e veciños, asociacións, sindicatos e diferentes colectivos do Porriño para mobilizarse este martes día 27 para reclamar á Xunta de Galicia unha solución urxente ao Centro de Saúde . O acordo contou cos votos a favor dos portavoces dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, UDDL, BNG, EU-Son e Non Adcritos, e a oposición do representante do PP.
Un total de 150 rapazas e rapaces participaron no II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño que se disputou este ano no CEIP Fernández López entre xogadoras e xogadores de 6 a 16 anos, todos eles alumnas e alumnos de centro educativos do Porriño.
O Concello está a levar a cabo unha completa labor de limpeza no Porriño, traballos que, como adiantara hai unhas semanas a alcaldesa, Eva García de la Torre, chegará a todas as parroquias.
Varios membros da Corporación Local, entre eles a alcaldesa, Eva García de la Torre, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o voceiro de EU Son, Pedro Ocampo apoiaron, de novo, a reivindicación das nais e país do Centro Público de Integración (CPI) da Ribeira para que non se pechen as aulas de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), do mesmo.
As persoas interesadas en participar en Porrigalia 2017, que se celebra no Porriño, organizada polo Concello, os días 21,22 e 23 de xullo, xa poden entrar no portal web porrigalia.gal e inscribirse dentro dos ‘Gremios’ que estarán presentes na festa; integrar as Comparsas que desfilarán na mesma ou solicitar un dos postos que se abrirán nela.
O concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, supervisou a colocación dos primeiros paneis explicativos que xa están diante de varios dos elementos culturais máis importantes do Porriño.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, ven de convocar un Pleno Extraordinario da Corporación para este xoves, día 15 de xuño, ás 7 da tarde, que tratará, na súa totalidade, de temas económicos relacionados coa xestión municipal.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, asistiu este venres á inauguración do poema visual ‘Azabache’, do poeta e dramaturgo vigués David Fernández, poema que está xa na fachada da Piscina Municipal.
O Pleno do Concello do Porriño aprobou solicitar ao Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra que permita a apertura dun aula da universidade na vila.